Saltar ao contido

Área Central

Motoclasic Santiago, o 20 e 21 de setembro en Área Central

  • Eventos

O Outlet Área Central celebrará o sábado 20 e o domingo 21 de setembro “Motoclasic Santiago”, unha exposición de motos clásicas que farán desfrutar ás persoas afeccionadas ao mundo do motor.

Ademais, quen teña interese por vender as súas motos tamén terá ocasión de expoñelas para contactar con futuros compradores.

Esta actividade terá lugar o sábado 20 e o domingo 21 de setembro en horario de 10.00 a 20.30 horas. O evento complementarase cun mercadillo de pezas e complementos para as motos e vehículos en xeral, así como actividades vinculadas ao motor.

Esta primeira edición de “Motoclasic Santiago” está organizada pola Asociación cultural Ferro Vello. Quen desexe participar expoñendo a súa motocicleta, pode contactar coa organización no 626.670.944.

Apunta na axenda eses dous días para poder desfrutar desta mostra de motos e de todo o que lles rodea.

Moitas actividades moi diversas

A celebración de “Motoclasic Santiago” é unha novidade de Área Central, que continúa co seu amplio e variado calendario de actividades. Ata que acabe o ano, en Área Central teremos torneos de xadrez, salóns de venda de fósiles e minerais. Tampouco faltará a convención de tatuaxes Tattoo Expo Santiago, actuacións musicais, etc.

Un abanico de eventos de diferentes temáticas que complementa a amplísima oferta comercial coa que conta o Outlet Área Central.

Podes estar ao tanto de todas as actividades de Área Central na sección Eventos desta mesma web. E se non te queres perder nada de nada de Área Central, séguenos en Instagram e Facebook.