MERECES UN PREMIO POLO DÍA DO PAI, EN ÁREA CENTRAL

MERECES UN PREMIO POLO DÍA DO PAI, EN ÁREA CENTRAL

Todos os pais merecen un agasallo! Con motivo do Día do Pai, esta semana inauguramos en Área Central o panel de premios “Mereces un premio!”. É unha nova actividade na que premiamos as compras dos nosos clientes feitas dende este xoves 16 ao sábado 18 de marzo.

A dinámica é moi sinxela: achégate ao panel de premios que teremos instalado na esquina azul e amósanos un ou varios tickets que demostren unha compra superior a vinte euros realizadas neses tres días. Despois escolle un sobre e poderás conseguir un agasallo. Ademais, todos os clientes levarán un detalle por participar (ata esgotar existencias). O horario do panel será os tres días, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.

Así celebramos o Día do Pai en Área Central: obsequiándovos con agasallos polas vosas compras. Consulta a dinámica da promoción AQUÍ.

Ademais, dende o mes de xaneiro en Área Central contamos ca exposición “Galicia monumental”, unha mostra formada por máis de vinte réplicas de monumentos históricos e relevantes de Galicia realizadas con xoguetes de construcción dos anos 80 e, que conta coa colaboración de Turismo de Galicia da Xunta de Galicia.

Coincidindo con ela e tamén, con motivo do Día do Pai en Área Central, este sábado 18, de 17:00 a 20:00 h., acolleremos o taller “Constrúe con NG Castillos”. Todos os membros da familia poderán realizar as construcións que queiran. É unha actividade que chama á nostalxia e á creatividade e na que, tanto os peques como os pais e nais, disfrutarán. Moitos dos cativos descubrirán a marca de xoguetes NG Castillos e os adultos volverán a súa infancia. Agardámoste!