Saltar ao contido

Área Central

Mercar no pequeno comercio ten premio: ata 1.000 bonos de desconto do 50% na pista de xeo

  • Eventos

Queremos comezar a semana con boas novas, xa que agora, mercar no pequeno comercio ten premio! Como sabemos que este ano non foi sinxelo, queremos poñer o noso graniño de area para axudar ao comercio local.

Desde Área Central, en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia  creamos esta campaña de promoción dos negocios de proximidade co obxectivo de dar a coñecer o pequeno comercio no espazo comercial, fidelizar aos clientes e incentivar o consumo neste tipo de establecementos.

En qué consiste a campaña?  Moi doado! Para incentivar o consumo de comercio local, todo o que faga unha comprar superior a 15 euros en calquera dos máis de setenta comercios adheridos á campaña, recibirá un desconto do 50% para patinar na pista de xeo que se sitúa durante estas festas na Praza de Europa (xunto no corazón do noso centro) en horario ininterrompido de 11 a 23 horas, fóra dos días de Noiteboa e Fin de Ano (24 e 31 de decembro) que pechará ás 18 horas. O prezo da entrada xeral é de 7,50 euros, polo que quen obteña este desconto poderán gozar da pista durante media hora por tan só 3,75 euros, incluíndo o alugueiro dos patíns. Esta promoción está limitada ata consumirse 1.000 entradas.

Máis aló desta iniciativa, se nos visitas tamén podes aproveitar para percorrer o Mercado de Nadal organizado polo Concello de Santiago, que se celebra tradicionalmente na rúa Carreira do Conde e que ata o próximo 5 de xaneiro estenderase tamén a nosa rúa comercial. Neste mercadillo do Nadal, poderás atopar numerosos postos de artesanía como xoias, madeira, cerámica, vidro, coiro, xoguetes ou téxtil, diferentes opcións de agasallos orixinais que amplían as opcións de compra dos visitantes para a Noite de Reis.

Ademais, non esquezas visitar o noso Belén de Playmobil, hai algunhas figuras que seguro que chaman a túa atención!