Mercar no pequeno comercio ten multitude de vantaxes: adquires artigos diferentes, axudas ás tendas de proximidade e agora ademais, gozarás dun gran desconto. Pois este Nadal, en Área Central, poderás gozar da nosa pista de xeo sintético á metade de prezo.
De novo, Área Central retoma esta campaña en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia para dar a coñecer aos pequenos negocios no noso espazo comercial e así incentivar que as persoas teñan máis presentes o comercio de proximidade.
E por iso, mercar no pequeno comercio de Área Central ten premio! Por calquera compra superior a 15 euros nos comercios adheridos á campaña, recibirás un desconto do 50% para divertirte na nosa pista de xeo sintético. É dicir, que se a sesión xeral de trinta minutos (patíns incluídos) na nosa pista custa 5 euros pasarás a pagar tan só 2,50 euros. Para iso, debes acudir á taquilla da pista co teu ticket de compra e o boleto que che darán na tenda.
Se queres aproveitarte deste irresistible desconto debes coñecer o listado de tendas que están adheridas á nosa campaña, así que presta atención: Bellezia, Atmósfera Sport, Hilar Fino, Area Informática, Mónica Bernardez Estilismo, Sión Brbería, Mercería Carmen, Míster Nutrición, Joyería José Luís, Ramón Sanjurjo Outlet, Bottega Verde, María García, Bonitos Zapatos, CTextil, Area Mueble, Pauta Música, Área Shopping, Óptica Val, Veguay, Vivo Eventos, Bimba y Lola Outlet, Caraco, Étnica Compostela, Prensa Baba, Yane Nails Cubita, Asociación Esotérica Odín, M&R Peluqueros, Toxo, Beva Peluquería, Calzados Itajai, Liliana Nails, Garrote Outlet, Hiperxel, Frutas Val do Ulla, Carnicería Area Central, Zoclos, Carnicería Pereira, Foto Tema Dixital, El Faro Market, Confitería Herrma, La Morena, Peluquería Diseño, Phone Converse, La Caja de Pandora, Charcuterías Seco, Pick Pollo, Pan da Aboa, Carnicería Canedo, Peixería Casmi, Rosa Blanca, Morúa Bacallao, Librería Escolma, Chabelina’s, Outlet Vintage, Herbolario Aloya, Míster Minit, Pantalla Rota, María Solla, Estela Peluquería, Ablaíña, Delatex, O Telar, Súkel, Anuska Vilas, Ink Factory e Peluquería Mary.
Non agardes máis, a nosa pista de xeo sintético estará aberta ata o 9 de xaneiro. Consulta os horarios e achégate a Area Central para facer as túas últimas compras de Nadal de paso que desfrutas da pista de xeo a 2,50€. É a túa oportunidade para patinar, esperámoste!
Pingback: Reserva para coñecer aos Reis Magos no Soño de Nadal de Área Central
Os comentarios están pechados.