Este mes de marzo, por cuestión espaciais, a ludoteca de Área Central “Ludoarte” non a temos o sábado 4 ao coincidir coa Feira de minerais. Non obstante, os sábados 11, 18 e 25 o noso monitorado agarda aos teus fillos con todo o cariño e adicación do mundo. Lembra que agora a nosa ludoteca ten dúas temáticas: “Creativos” e “Cociña”. A primeira, con zona de xogos e manualidades e a segunda para que collan o gusto polos fogóns. Así, garantizámosvos de xeito semanal actividades infantís para os peques da casa.
Deste xeito, as sesións do mes de marzo serán:
- Os sábados 11 e 18 de marzo, Ludoteca Creativos na montaxe habitual. Estas sesións están dirixidas a dous públicos: de 0 a 3 anos, con xogos e onde é preciso o acompañamento dun adulto; e para maiores de 4 anos (sen acompañamento de adulto), con xogos e obradoiros súper chulos.
- Os sábados 25 de marzo, Ludoteca Cociña na nosa cociña da esquina vermella. Toca poñerse os mandilóns e crear ricos platos. Esta actividade está pensada para nenos e nenas maiores de 4 anos (sen acompañamento de adulto) que queiran aprender a elaborar algunha receita.
Todas as sesións da ludoteca de Área Central son dunha hora en horario de 18:00h. a 20:00h. Como xa sabedes, é recomendable facer a reserva da praza para asegurarse sitio. Nesta ligazón xa podes reservar sitio para as sesións de marzo.
En Área Central queremos que toda a familia aproveitedes o sábado a tope. Mentres os maiores realizades as vosas compras, os peques quedan nas mellores mans.
Pingback: Feira do disco e cine en Área Central
Pingback: optimal rx pharmacy
Os comentarios están pechados.