A ludoteca de abril de Área Central continúa ofrecéndovos sesións pensadas para que os peques o pasen xenial. Este mes haberá catro sesións: dúas da temática Creativos e dúas de Cociña. A primeira, con zona de xogos e manualidades; e a segunda, para que desfruten realizando receitas mentres se lles inculca unha comida saudable.
A ludoteca de Área Central está pensada para que todas as persoas a desfruten. Os peques xogan, interactúan, aprenden e desfrutan nas mellores mans e os maiores dispoñedes dunha hora para as vosas compras: encher a neveira, mirar roupa, tomar un café…
Deste xeito, a ludoteca do mes de abril de Área Central será:
- Os sábados 1 e 29 de abril, Ludoteca Creativos no espazo pechado da esquina azul. Estas sesións están dirixidas a dous públicos: de 0 a 3 anos, con xogos e onde é preciso o acompañamento dun adulto; e para maiores de 4 anos (sen acompañamento de adulto), con xogos e obradoiros súper chulos.
- Os sábados 15 e 22 de abril, Ludoteca Cociña na nosa cociña da esquina vermella. Poñemos os mandilóns e creamos platos ricos e sans. Esta actividade está pensada para nenos e nenas maiores de 4 anos (sen acompañamento de adulto) que queiran aprender a elaborar algunha receita.
Todas as sesións da ludoteca de Área Central son dunha hora en horario de 18:00h. a 20:00h. Como xa sabedes, é recomendable facer a reserva da praza para asegurarse sitio. Nesta ligazón xa podes reservar sitio para as sesións de abril.
En Área Central queremos que toda a familia aproveitedes o sábado a tope. Mentres os maiores realizades as vosas compras, os peques quedan atendidos e gozando a tope.