LUDOARTE FEBREIRO

LUDOARTE FEBREIRO

Área Central organiza os sábados 8 e 15 de febreiro dúas novas sesións de “Ludoarte”, un servizo pensado para os clientes e un espazo de expresión artística e de xogos.

Os nenos maiores de 4 anos desfrutan neste espazo mentres os seus familiares dispoñen dunha hora para realizar as súas compras ou para tomar algo nos establecementos de restauración de Area Central.

Os nenos menores de 4 anos tamén teñen o seu oco neste espazo xa que, acompañados por adultos, poden xogar con diversos xoguetes axeitados á súa idade e gustos.

Estas dúas sesións celebraranse estes dous sábados de febreiro, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Non é necesaria a reserva.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies