Saltar ao contido

Área Central

Long weekend en Área Central: descontos que se proloooongan

  • Novas

O Outlet Área Central da comezo este mes de outubro a unha nova promoción. Seguro que te encantará: Long weekend. Esta nova iniciativa tráeche grandes descontos nas túas marcas favoritas que se prolongarán varios días.

Sustituíndo o Súper xoves, que só duraba un día, agora os descontos dos últimos xoves de cada mes estíranse ao venres e sábado (e domingo de apertura).

Ata catro días de descontos

Colle o almanaque e marca cando cae o último xoves de cada mes. Pois agora tamén terás que sinalar o venres e sábado que lles segue. ¡Poderás xuntar ata catro días seguidos de descontos se o domingo tamén é de apertura!

En Área Central queremos facilitarche as túas compras e darte todas as opcións para que te beneficies dos descontos dos nosos establecementos. Os produtos das mellores marcas agardan por ti.

Lembra que podes estar ao tanto de todas as actividades de Área Central na sección Eventos desta mesma web. E se non queres perderte nada de Área Central, síguenos en Instagram e Facebook.