Saltar ao contido

Área Central

LOLITA MODA ABRE TENDA OUTLET EN ÁREA CENTRAL

  • Novas

A firma galega Lolita Moda abre este venres 15 de setembro as súas portas en Área Central, converténdose así no seu primeiro establecemento outlet e en Santiago.

Esta firma conta cunha ampla traxectoria comercial, xa que ten nove tendas físicas abertas en Galicia na área da Barbanza, Pontevedra e Ames, ademais de ter unha forte presenza no mercado online. Agora, tamén pasará a ser un máis en Área Central e entra a formar parte da nosa oferta outlet. Ocupará un local de 125 metros cadrados na esquina amarela de Área Central.

Que podemos atopar en Lolita Moda?

Agora, os clientes do noso centro comercial, atoparán entre a oferta de Área Central unha tenda multimarca con produtos de importantes firmas a prezos outlet de roupa, calzado e complementos para adultos e nenos, como  Levi’s, Pepe Jeans, Tommy Hilfiger e Ecoalf, entre moitas marcas máis.

Ademais, esta apertura súmase á crecente lista de locais outlet do noso centro comercial en Santiago, formada por establecementos coma o de Bimba y Lola, Purificacion Garcia, Muy Mucho, Calzados Seijas, Fifty Outlet ou Garrote Perfumerías. Coma sempre, en Área Central, buscamos a variedade cos mellores prezos.

Este venres, estades todos convidados á apertura de portas de Lolita Moda. Benvidos á nosa familia de Área Central!