Xa o podemos anunciar aos catro ventos: Lola & Lía abre o luns 25 de novembro en Área Central. O establecemento de restauración especializada en almorzos, merendas, comidas e brunchs chegan a Santiago para facer desfrutar a todos os paladares. Tanto doces como salgadas, as súas preparacións encandilarán aos seus clientes.
A partir do luns 25 de novembro, Lola & Lía abre en Área Central co obxectivo de conquistar Santiago de Compostela. Con negocio xa en Vigo e Pontevedra, o seu terceiro local atópase na planta baixa de Área Central. O cliente desfrutará da súa zona interior, ademais de dúas terrazas, unha nos pasillos interiores e outra na praza de Europa.
Aínda non sabes do que estamos a falar? En Lola & Lía atoparás un lugar fantástico e acolledor para ir cos teus amigos e familia. Desfrutarás das súas elaboracions doces e salgadas dende as 8.30 horas ata as 21.00 horas. A calquera hora do día os seus pratos serán ben recibidos. Ademais, contarán cun menú do día.
Lola & Lía chega a Área Central para ampliar a súa oferta de restauración e como un lugar imprescindible ao que visitar.