A X Maker Faire Galicia será este sábado 29 de xuño en Área Central. A X Maker Faire Galicia é un evento que impulsa a innovación social, artesanal e industrial de Santiago e que traerá ao noso centro comercial de Santiago múltiples actividades durante toda a xornada.
A Maker Faire Galicia celebra este ano a súa décima edición, consolidándose como unha das citas máis destacadas do mundo maker en Europa. Este evento, de acceso libre e gratuíto, volve na súa décima edición a Área Central, onde se celebrou a súa primeira edición.
O programa da X Maker Faire Galicia en Área Central ofrecerá unha variedade de charlas, talleres e presentacións de máis de 45 proxectos en categorías como Minimakers, Makers, Divulgación e Innovación Social. As actividades incluirán unha mesa inaugural con representantes das institucións organizadoras e terminarán coa entrega de premios e un concerto de clausura. Celebraranse un total de 14 charlas e mesas redondas con destacados expertos do sector, así como diversos talleres en tres zonas temáticas, que irán desde actividades lúdicas ata talleres de tecnoloxía avanzada e arte.
A organización desta edición conta co apoio do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, Área Central, a Fundación Laboral da Construción e a Sionlla Biopolo. Maker Faire Galicia organízase e opera de forma independente baixo a licenza de Make Community LLC, mantendo o seu compromiso de fomentar a creatividade, a innovación e o talento na comunidade maker.
Así que vete marcando o día na axenda e ven a gozar da X Maker Faire Galicia en Área Central. O sábado 29 espéranche en Área Central os nosos comercios outlet, o resto da nosa oferta comercial e moita innovación, emprendemento maker e talleres moi variados.