Saltar ao contido

Área Central

Krack Outlet abrirá en Área Central

  • Eventos
KRACK

O Outlet Área Central ten o gusto de seguir anunciando incorporacións á súa renovada oferta comercial. Krack Outlet abrirá en Área Central pronto e ubicarase na esquina amarela. ¡Como o les! A zapatería xa se atopa preparando a súa apertura para as vindeiras semanas.

Área Central amplía a súa oferta outlet

Krack Outlet poderase visitar na mesma zona onde se concretan a maioría dos outlets. Ocupará un local de 70 metros cadrados. A cadea de zapaterías conta con preto de 50 tendas en España e ten sede en Pontevedra. Krack, especializada na distribución multimarca de calzado, escolle Área Central para abrir o seu segundo outlet.

Krack súmase a todo o que está por chegar

A apertura de Krack Outlet únese ao listado das novas incorporacións xa anunciadas, que se irán materializando este último cuatrimestre do ano. O ximnasio Dreamfit, cunha superficie de 3.500 metros cadrados, é una delas. Estes días xa se pode formalizar a inscrición nun stand que teñen disposto no corredor próximo ao acceso ao hipermercado Alcampo. A apertura está prevista para o mes de setembro.

Os locais de restauración Lola&Lía Brunch & Lunch, a cafetería-pastelería Amasarte e o restaurante coreano Numaru tamén se atopan coas obras en marcha. A esta renovación da oferta xa se incorporou este mes de xullo o local de estética Jardín Secreto. Pronto se sumará tamén a óptica Opticoa.

Con estas novidades previstas e as aperturas que xa se conseguiron neste último ano, o Outlet Área Central xa se pode desfrutar.

Os outlets de Bimba y Lola, Scalpers e Purificacion Garcia son os únicos do norte de España, unidos ás demais tendas outlet, como Ramón Sanjurjo, Fifty (outlet da marca Cortefiel) ou os outlets multimarca Lolita Moda e Zabba, e proximamente Krack, reforzan esta oferta que fai diferente a Área Central.

Renovación da praza de Área Central

Este verano realizáronse traballos de renovación da xardinería da praza de Europa. O obxectivo era incrementar as súas zonas verdes para convertela nun espazo máis acolledor. A actualización da imaxe da praza tamén irá acompañada cunha renovación da imaxe das terrazas de hostalería. Esta actualización tamén afectará ás terrazas dos pasillos interiores.

Estes resultados na comercialización e os esforzos na renovación da experiencia do cliente fan do Outlet Área Central un espazo de compras e esparcimento único en Galicia.