Área Central convertirase nun dos puntos de referencia do lecer activo de Santiago, tras a apertura do centro Nova Jump Trampoline Park. As instalacións ofrecerán diverso tipo de actividades para cativada e xuventude recuperando, deste xeito, unha actividade que se parara por mor da pandemia.
O acto de inauguración celebrado hoxe foi presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen estivo acompañado polo concelleiro de Educación, Xuventude e Políticas Lingüísticas, Rubén Prol; polo xerente de Área Central, Javier Suárez-Vence; o xerente de Nova Jump, Álvaro González, e o director de Alda NAU SL, Álvaro Lacasta.
Na súa intervención, Suárez-Vence celebrou a posta en marcha deste establecemento, que se desenvolve “con ilusión e sentido común”. Un punto no que tamén coincidiu o rexedor compostelán quen definiu Área Central “como un centro emblemático da cidade”, que con esa “ilusión que nos debe mover a todas e todos”, avanza cara a “normalidade”. A apertura de Nova Jump, neste senso, supón tamén a materialización desa “ilusión por recuperar o tempo perdido que nos robou a pandemia”.
Álvaro González apelou tamén a esa progresiva instauración da “normalidade. Queremos recuperar o lecer activo, o deporte e, en poucas palabras, a felicidade”. Álvaro Lacasta, pola súa banda, expresou o seu desexo de que “Nova Jump sexa referente do lecer deportivo na cidade” a través dun centro “seguro para todas as persoas”.
Aberto de mércores a domingo
Nova Jump estarán abertas de mércores a domingo. Máis concretamente, entre o mércores e o venres poderase acudir ás instalacións entre as 16.00 e as 22.00 horas. Durante as fins de semana, o horario ampliarase de 12.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 22.00 horas. Para máis información, pódese contactar a través do teléfono 881 254 646 ou no enderezo electrónico santiago@novajump.es.
Con motivo da súa inauguración, este Trampoline Park ofreceu unha oferta especial de 2×1 ás 150 primeiras persoas que acudiran ao centro. Ademais, realizouse un sorteo a través de Instagram de 40 entradas individuais para unha hora de salto en Nova Jump válidas para o mércores 30 de xuño ou o xoves 1 de xullo.
Con máis de 2.400 metros cuadrados de parque e un completo equipo de profesionais do deporte -con licenciatura en Ciencias do Deporte e as Actividades Físicas e técnicos superiores de Animación Sociodeportiva e Acondicionamento Físico-, Nova Jump ofrecerá plans de lecer activo para toda a ciudadanía e dun xeito seguro. Salto en cama elástica, acrobacias, parkour e otras actividades recreativas forman parte da ampla oferta de lecer activo deste centro.
Academia de salto
Ademais, Álvaro Lacasta lembrou na inauguración de hoxe que Nova Jump conta cunha Academia de Salto. Deste xeito, todas aquelas persoas que desexen aprender esta disciplina ou achegarse a ela atoparán neste centro o seu lugar de referencia a través de propostas tanto formativas como prácticas.
Finalmente, Nova Jump recuperará a celebración de aniversarios, así como os campamentos de verán e inverno e as actividades de conciliación para a cativada. Todo isto cumprindo sempre coas medidas hixiénico-sanitarias pertinentes.