Saltar ao contido

Área Central

III Feira de antigüidades, 10 e 11 de xaneiro en Área Central

  • Eventos

Despedímonos do Nadal e arrincamos 2026 con moita forza. Este novo ano contaremos cun calendario de actividades moi variadas. O primeiro evento do ano será a terceira edición da feira de antigüidades e coleccionismo os días 10 e 11 de xaneiro en Área Central.

Trátase dun evento organizado pola asociación cultural Ferro Vello que contará coa presenza de preto de sesenta expositores. Os visitantes atoparán diferentes produtos. Haberá porcelana, libros, reloxos, maletas, máquinas de escribir, selos, lámpadas, etc. O horario será os doUs días de 10.00 a 20.30 h. A entrada é gratuíta e desenvolverase polos corredores de Área Central. Conta coa colaboración do Concello de Santiago.

Mercadillo Playmobil

A feira de antigüidades e coleccionismo dos días 10 e 11 de xaneiro contará tamén cunha representación de stands específicos de produtos Playmobil. Para aquelas persoas coleccionistas desta marca de xoguetes será unha ocasión única para atopar as pezas máis buscadas.

Días de rebaixas e antigüidades

Tras o fin da campaña de Nadal, en Área Central seguimos ofrecendo plans para toda a familia. Coas rebaixas xa iniciadas, o primeiro fin de semana post-Reis traerá centos de elementos pensados para os coleccionistas e curiosos. Ademais, o domingo 11 é día de apertura dos comercios de Área Central e estarán abertos no seu horario habitual.

Polo tanto, marca no calendario os días 10 e 11 e desfruta de todo o que che ofrecemos en Área Central.

Lembra que podes estar ao tanto de todas as actividades de Área Central na sección Eventos desta mesma web. E se non queres perderte nada de Área Central, síguenos en Instagram e Facebook.