Saltar ao contido

Área Central

I Salón de minerais, do 3 ao 5 de outubro no Outlet Área Central

  • Novas

O Outlet Área Central comezará o mes de outubro co I Salón de minerais, fósiles e xoiería. Do venres 3 ao domingo 5, expositores de España e Portugal terán á venda miles de minerais e pezas recollidas da natureza.  

Debido ao gran éxito que ten a Feira de minerais de Santiago que se celebra en Área Central desde hai once anos no mes de marzo, a organización apostou por celebrar un pequeno adianto esta fin de semana.

Os tres días, de 10:00 a 21:00 h.

Cun formato máis reducido, este salón contará con varios expositores que visitarán Área Central. Terán á venda pezas de todas as partes do mundo. Haberá unha especial representación de elementos da mina de Panasqueira (Portugal), Marrocos e Namibia. Como complemento á feira, os visitantes poderán ver unha demostración de minerais fluorescentes. O horario do Salón de minerais será de 10:00 a 21:00 horas.

Con este evento e os demais que están por chegar, o Outlet Área Central segue ofrecendo un plan de experiencias e actividades que complementan a súa oferta comercial, de ocio e restauración.

Podes estar ao tanto de todas as actividades de Área Central na sección Eventos desta mesma web. E se non queres perder nada de nada de Área Central, síguenos en Instagram e Facebook.