Saltar ao contido

Área Central

Homenaxe á chegada do tren a Galicia, no Outlet Área Central

  • Eventos

A chegada do tren a Galicia hai 150 anos será o eixe central da nosa nova proposta de actividades no Outlet Área Central. É dunha homenaxe a este fito que uniu a estación de Cornes (Conxo – actualmente en Santiago de Compostela) coa localidade costeira de Carril (Vilagarcía de Arousa).

O programa de actividades contará coa exposición “150 anos da chegada do ferrocarril a Galicia”, da Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril (ACAF). Estará composta por unha vintena de paneis sobre a historia do ferrocarril galego. Abarcará dende as súas orixes, no 1873, ata a actualidade. A mostra tamén inclúe diversos obxectos ferroviarios como libros, farois, teléfonos, etc. Tamén colabora a Sección Española da Asociación Europea de Ferroviarios (AEC-SE).

A actividade tamén contará con maquetas das estacións de tren desta primeira viaxe en tren. As pezas están feitas con pezas de NG Castillos da Asociación Exín Castillos Exín West. Esta exposición poderase visitar dende o venres 17 ao venres 31 de xaneiro.

Feira comercial de maquetismo ferroviario

Para completar esta actividade, este sábado 18 de xaneiro, de 11:00 a 21:00 h., celebraremos coa primeira edición da “Feira de maquetismo ferroviario”. Trátase dun evento novidoso en Santiago. Asistirán stands especializados nesta materia. A feira estará composta por un espazo de venda no que se poderán atopar artigos de coleccionismo ferroviario.

Tamén este sábado 18, de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 h., na mesma zona da exposición desenvolverases un obradoiro pensado para os rapaces: “Constrúe a túa estación con NG Castillos”. Nel, as familias poderán dispoñer de pezas de construción e elaborar os seus propios edificios e estacións. Este obradoiro está organizado pola Asociación Exín Castillos Exín West.

Tras o éxito da pasada I Feira de antigüedades e coleccionismo, no Outlet Área Central seguimos na senda de seguir sorprendéndovos con novas propostas. A nosa axenda cultural únese á nosa oferta outlet, comercial e de ocio e restauración. Ademais, as rebaixas de inverno continúan. Este días contas con importantes descontos que poden chegar ao 80% de desconto.