Saltar ao contido

Área Central

Goza da Gran Festa da Primavera en Área Central!

Xa está aquí a Gran Festa da Primavera de Área Central! Os días 3, 4 a 5 de xuño, coincidindo coa celebración da campaña Prima21 promovida polo Concello de Santiago de Compostela,  o noso centro comercial pon en marcha diferentes actividades de temática primaveral para despedir esta estación por todo o alto. Toma nota de todas e ven gozar connosco!

Gran photocall floral

Toda boa festa debe contar cun photocall á altura. Por iso, para esta Gran Festa da Primavera preparamos un espazo moi especial para que veñades sacarvos as vosas fotos. Trátase dun marco circular elaborado con flores frescas, como hortensias ou rosas, que estará situado na zona azul de Área Central. Se vides a visitarnos, non podedes marchar sen facervos unha foto para subila as vosas redes sociais!

Reparto de plantas en flor:  algunhas teñen premio!

Máis aló da foto no photocall, desde Área Central tamén queremos que vos levedes un pedaciño da nosa Festa da Primavera a vosa casa. Por iso, os tres días estaremos repartindo plantas en flor de 17:00 a 20:00 horas a todos os que fagades unha compra superior a 20€ no noso pequeno comercio durante os días que dura o evento.

E temos máis sorpresas! Algunhas das plantas terán agochado un premio moi especial: vales agasallo para volver mercar nos nosos establecementos ata o domingo 6 de xuño. Planazo e agasallo, non hai combinación mellor. 

Consulta aquí a dinámica desta promoción.

Alfombra de arte efémera de FEGAARTE

E, por suposto, durante esta Festa da Primavera non podedes quedar sen visitar a nosa gran alfombra de arte efémera, unha espectacular creación de máis de 120 metros cadrados confeccionada con elementos naturais por FEGAARTE baixo o nome “Camiño da Esperanza”. Se queredes vela, non esquezades pasar pola esquina amarela de Área Central.

Concertos itnierantes

Como fin de festa, e dentro do programa de Prima21 do Concello de Santiago, este sábado 5 de xuño comezarán en Área Central dous concertos itinerantes que non podedes perdervos: ás 12:30 da mañá o grupo Áureas, e xa pola tarde, ás 18:00 horas, Habelas Hainas. Ocórreseche un plan mellor?

Así que, xa o o sabes, esta fin de semana tes unha cita na Gran Festa da Primavera de Área Central. Non faltes!

1 pensamento sobre “Goza da Gran Festa da Primavera en Área Central!”

  1. Pingback: DINÁMICA DA PROMOCIÓN “REPARTO DE PLANTAS EN FLOR” DA GRAN FESTA DA PRIMAVERA DE ÁREA CENTRAL - Área Central

Os comentarios están pechados.