Saltar ao contido

Área Central

Goza da Feira de Minerais de Área Central do 7 ao 10 de outubro

  • Eventos
Feira de minerais

Aínda estás sen plans para esta semana? Pois temos unha proposta para ti! Do 7 ao 10 de outubro, en Área Central acolleremos a VII Feira de Minerais, a máis grande das celebradas en Galicia.

Así, máis dunha vintena de expositores de distintos lugares de Europa estarán presentes no noso centro comercial. Serán 150 metros de exposición, dende a esquina vermella á esquina verde, onde poderás ver minerais, fósiles, pezas de xoiaría e bixutaría procedentes de todas partes do mundo. A feira estará aberta ás visitas dende as 10:00 h. a 21.00 h, un horario amplo perfecto para recorrer os diferentes postos aproveitando que ves facer as túas compras.

Os máis curiosos e aqueles que queiran saber máis sobre o mundo dos minerais tamén  terán o seu espazo, pois na feira teremos tamén un posto de libros centrados nesta temática. Así que se queres aprender sobre estes minerais, xa sabes, non esquezas visitarnos!

Aínda que esta vez non poderemos contar cos obradoiros e charlas que si estaban presentes en edicións anteriores, dende Área Central estamos moi felices por volver a celebrar esta actividade, que sempre tiveron tan boa acollida entre clientes e visitantes. E por suposto, coma sempre en Área Central, o evento celebrarase con todas as medidas de seguridade, para que poidas desfrutar da feira con todas as garantías.

E por se fora pouco, ademais de marabillarte con preciosas pezas e de adquirilas a prezos moi competitivos, poderás seguir desfrutando das compras no noso centro. Aproveita para acercarte aos nosos locais e pasa unha xornada diferente na que poderás gozar das nosas tendas ou mesmo da nosa zona de ocio, coma sempre, cunha hora de parking gratis por cada ticket de compra superior a 15 euros realizada nas nosas tendas ou nos expositores da feira.

Ven ao noso centro e somérxete nunha das Feiras de Minerais máis grandes de toda España. Non deixes escapar a oportunidade de adquirir prezados artigos nos espazos de Área Central ó mesmo tempo que sentes próximos diferentes recunchos do mundo. Esperámoste!