GALICIA MONUMENTAL, ASÍ É A RÉPLICA DE MONUMENTOS QUE ESTARÁ EN ÁREA CENTRAL ATA O MES DE ABRIL

GALICIA MONUMENTAL, ASÍ É A RÉPLICA DE MONUMENTOS QUE ESTARÁ EN ÁREA CENTRAL ATA O MES DE ABRIL

Dende mediados de xaneiro e ata o 15 de abril, a exposición “Galicia monumental” estará presente en Área Central. Unha mostra de réplicas de monumentos para achegar aos visitantes o noso patrimonio arquitectónico. Está composta por castelos, faros e igrexas das catro provincias galegas. A exposición está organizada pola Asociación EXIN Castillos y West e conta co apoio da Xunta de Galicia.

As maquetas foron feitas con pezas dun xogo de construción que fascinará aos pequenos e espertará os recordos e a nostalxia dos maiores de 40 anos. Trátase dun conxunto de pezas dun xoguete de construción dos anos 70- 80 que volve á vida baixo o nome de NG Castillos, a empresa que actualmente reedita as pezas.

Ademais desta incrible réplica de monumentos, a exposición supón unha experiencia interactiva e lúdica. Existen uns paneis didácticos que invitan ao visitante a recorrelas mentres buscan elementos singulares do monumento. Tamén se poderá desfrutar de modelos orixinais do xoguete, varios castelos fantasía e tamén de novos modelos. Se aínda tes algunha destas pezas na túa casa, non te esquezas de traela. A organización tamén anima aos visitantes a expoñer as súas pezas no noso espazo!

Nesta exposición empregáronse máis de 150.000 pezas. Delas, 30.000 foron usadas para a fachada da Catedral de Santiago. A maqueta do Torre de Hércules, o pazo de Meirás ou o Castelo de Moeche forman parte desta vintena de réplicas. Sen dúbida, trátase dun traballo feito con moito agarimo e que, despois de seis meses ou un ano, ven a luz en Área Central.

Non te esquezas, ata o mes de abril podes visitar “Galicia monumental” en Área Central na nosa esquina amarela. Agardámoste!

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies