FESTA RECHAMANGUEIRA

FESTA RECHAMANGUEIRA

O Centro Sociocultural das Fontiñas e Área Central celebrarán xuntos o Entroido por todo o alto cunha “festa rechamangueira”, unha ocasión na que os asistentes poderán lucir os seus disfraces máis rechamantes e desfrutar de actuacións en directo e unha chocolatada. Esta festa terá lugar en Area Central o venres 21, a partir das 19:00 horas.

Nesta festa verase o resultado do traballo realizado nos obradoiros de creación dos disfraces que se desenvolven estes días nas instalacións do centro sociocultural. Estes disfraces destacarán polas súas cores alegres e moi vistosas.

A “festa rechamangueira” comezará o venres 21 coa saída da V Comparsa de Fontiñas dende o centro sociocultural ás 18:30 horas, para dar una volta polo barrio, e chegar a Área Central sobre as 19:00 horas, hora na que se iniciará a festa.

Aberta a todo o público, esta festa contará cun espectáculo de maxia do mago Charly Braun para logo dar paso á música da discoteca móbil. O baile e a música estarán acompañados dunha chocolatada para os participantes nesta tarde de Entroido do barrio das Fontiñas.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies