Saltar ao contido

Área Central

Feira do disco e cine, en Área Central

  • Eventos

O xoves 23, o venres 24 e o sábado 25 de marzo Área Central acolle a Feira do disco e do cine de Santiago. Será unha ocasión xenial na que os amantes do coleccionismo sobre a música e as películas poderán desfrutar moito. Música e cine de todos os tempos e en todos os formatos estarán dispostos na esquina vermella de Área Central. O seu horario será os tres días de 10:00 a 21:00 horas.

Esta feira é unha oportunidade estupenda para mercar material que xa non se atopa nos sitios de compra habitual. No apartado musical, os máis nostálxicos desfrutarán rebuscando entre os vinilos. Todos os estilos musicais estarán representados: dende a salsa ou a música clásica ata o heavy.

No apartado cinematográfico, os coleccionistas poderán facerse cos seus filmes preferidos no formato que prefiran. Ademais, tamén haberá carteis, camisetas e merchandising. Se es un verdadeiro fan dalgunha película, non podes perderte a nosa Feira do Disco e do Cine.

E, se vas vir a esta feira, tamén podes cambiar ou vender o teu material. Se traes discos ou películas que xa non utilices poderás vendelos ou trocalos por outros diferentes.

Esperámoste eses tres días en Área Central con cine e música de todas as épocas.

Deste xeito, Área Central continúa ofrecéndovos actividades pensadas para todos os públicos e que non atoparás noutro sitio da cidade. Aparte de eventos esporádicos como esta feira, lembra que para o público familiar temos unha oferta semanal na nosa ludoteca.”Ludoarte” conta con sesións creativas e con sesións centradas na cociña. Queres saber como funciona a nosa ludoteca e en que días de marzo? Entérate aquí. 

Agardámoste!