A Feira de minerais de Santiago chega a súa cita anual os días 5, 6, 7 e 8 de marzo ao Outlet Área Central. Miles de minerais, fósiles, elementos decorativos, xoiería…. ocuparán os corredores do Outlet Área Central durante catro días.
Do xoves 5 ao domingo 8 de marzo, a Feira de minerais de Santiago estará operativa de 10:00 a 21:00 horas. O xoves e o venres recibirá a visita de case 600 estudiantes de toda Galicia para participar nas actividades complementarias. Como novidade, tamén haberá actividades dirixidas ao público en xeral.
Feira con minerais de todo o mundo
As esquinas vermella e azul do Outlet Área Central encheranse de máis de trinta expositores. cunha gran variedade de minerais, fósiles, material decorativo e pezas de xoiería procedentes de diferentes puntos do mundo. Os expositores procederán de puntos de España, Portugal, Alemaña, Xeorxia, Marrocos, Polonia e México.
Ámbar, amatistas, azabache, cuarzo, entre os minerais; elementos de xoiería, meteoritos, elementos decorativos e fósiles poderanse admirar na XII Feira de minerais de Santiago. Os centos de interesados que acuden poderán adquirir algunha das variadas pezas que estarán expostas.
Actividades para o público en xeral
Durante os catro días haberá material divulgativo e mostras de minerais procedentes do Museo de Historia Natural de Santiago e do Museo de minerais de Galicia. Como novidade, as tardes do venres e sábado celebraranse actividades para o público en xeral:
VENRES
- O venres ás 18:30 horas haberá un taller de bateo de oro a cargo do Grupo Mineralóxico Galego. Esta actividade ten 30 prazas. Para asistir, é necesario reservar praza neste teléfono (só chamadas). Tamén se pode facer a través deste correo electrónico: feiramineraissantiago@yahoo.com.
SÁBADO
- A partir das 17.00 horas haberá unha mesa de intercambio de minerais. Está aberta a calquera particular que queira participar, en horario de 17:00 a 20:00 horas.
- Ás 17.30 horas Juan Carlos Escudero impartirá a súa charla participativa sobre a extinción dos dinosaurios.
- A partir das 18:30 horas, Ricardo Olabogoya fará un taller sobre a limpeza de fósiles e minerais fluorescentes.
Actividades para visitas escolares
Este evento é moito máis que unha feira comercial. Están programadas varias visitas escolares para asistir aos obradoiros educativos, Preto de 600 estudantes chegados de toda Galicia visitarán a feira de minerais a mañá do xoves e do venres.
As actividades dirixidas ás visitas escolares serán:
- Identificación de minerais: impartido pola Escola de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.
- Mineraloxía e cristalización, limpezas de fósiles e talleres de bateo co Grupo Mineralóxico Galego.
- Charla “A última aventura dos dinosaurios”, sobre a vida e extinción dos grandes dinosaurios, a cargo do palentólogo Juan Carlos Escudero.
Actividades para o público en xeral
Durante os catro días haberá material divulgativo e mostras de minerais procedentes do Museo de Historia Natural de Santiago e do Museo de minerais de Galicia. Como novidade, as tardes do venres e sábado celebraranse actividades para o público en xeral:
VENRES
- O venres ás 18:30 horas haberá un taller de bateo de oro a cargo do Grupo Mineralóxico Galego. Esta actividade ten 30 prazas. Para asistir, é necesario reservar praza neste teléfono (só chamadas). Tamén se pode facer a través deste correo electrónico: feiramineraissantiago@yahoo.com.
SÁBADO
- A partir das 17.00 horas haberá unha mesa de intercambio de minerais. Está aberta a calquera particular que queira participar, en horario de 17:00 a 20:00 horas.
- Ás 17.30 horas Juan Carlos Escudero impartirá a súa charla participativa sobre a extinción dos dinosaurios.
- A partir das 18:30 horas, Ricardo Olabogoya fará un taller sobre a limpeza de fósiles e minerais fluorescentes.
Podes estar ao tanto de todas as actividades de Área Central na sección Eventos desta msma web. E se non queres perderte nada de Área Central, síguenos en Instagram e Facebook.
