O ano 2025 será un revulsivo para o Outlet Área Central. Ás novas incorporacións comerciais que tivemos en 2024 e ás que están por vir, súmase o noso programa de actividades. O primeiro evento do ano será a primeira edición da feira de antigüidades e coleccionismo, os días 11 e 12 de xaneiro en Área Central.
Trátase dun evento organizado pola asociación cultural Ferro Vello que contará coa presenza de trinta stands. Os visitantes atoparán diferentes produtos: porcelana, libros, reloxos, maletas, máquinas de escribir, sellos, lámpadas, etc. O horario será o sábado de 11.00 a 21.00 h. e o domingo de 11.00 a 20.00 horas. A entrada é gratuíta. A feira desenvolverase na esquina vermella e azul de Área Central.
Sorteo e Mercadiño Playmobil
A feira de antigüidades e coleccionismo dos días 11 e 12 de xaneiro contará tamén cunha representación de stands específicos de produtos Playmobil. Para aquelas personas coleccionistas desta marca de xoguetes será unha ocasión única para atopar as pezas máis buscadas.
Todos os clientes que realicen unha compra superior a dez euros na feira de antigüidades recibirán unha papeleta. Con ela poderán participar no sorteo de 300 euros para gastar na feira. Este sorteo terá lugar o domingo ás 19.00 h. Unha vez que saia o nome do gañador, dispón dunha hora para gastalos ese mesmo día.
Días de rebaixas e antigüidades
Tras o fin da campaña de Nadal, en Área Central seguimos ofrecendo plans para todos os gustos. Coas rebaixas de inverno xa iniciadas, o primeiro fin de semana post-Reis traerá centos de elementos pensados para os coleccionistas e curiosos. Ademais, o domingo 12 é día de apertura dos comercios de Área Central e estarán abertos no seu horario habitual.
Polo tanto, marca no calendario os días 11 e 12 de xaneiro e desfruta de todo o que che ofrecemos en Área Central.