Saltar ao contido

Área Central

NON TE PERDAS AS NOSAS NOVAS

Este febreiro e marzo ven mercar ao pequeno comercio de Área Central: o parking sáeche gratis, sen compra mínima!

  • Eventos
Campaña parking gratis Área Central

Nestes tempos difíciles mercar no pequeno comercio significa apostar pola túa vila ou cidade, apoiar aos teu veciños, fomentar a economía circular que deixa os beneficios no teu entorno e, sobre todo, levar para á casa produtos da gran calidade ao mellor prezo e cun asesoramento de confianza.

En Área Central somos moi conscientes da importancia que ten o noso comercio local, e por iso queremos poñercho fácil para que apostes por facer nel as túas compras. Así, durante os meses de febreiro e marzo lanzamos unha nova promoción: se ves mercar aos establecementos do noso espazo comercial poderás deixar o coche no noso parking de xeito totalmente gratuíto, sen gasto mínimo de compra.

Queres saber que tes que facer para gozar desta promoción? É moi doado:

  1. Ven facer as túas compras ao pequeno comercio de Área Central. Sen un gasto mínimo, tes dereito a unha hora de parking gratis.
  2. Solicita no establecemento ao que vaias o teu ticket dunha hora de parking gratis: temos 20.000 unidades dispoñibles!

Xa dende 2013 a maioría dos establecementos comerciais de Área Central agasallan cunha hora de parking gratis aos clientes que fan unha compra superior a 15 euros; un esforzo que realizan tras un acordo acadado coa empresa que xestiona o aparcadoiro, e que é allea ao centro comercial. Pois agora, no que queda de febreiro e marzo eliminamos o gasto mínimo e por calquera compra terás dereito a recibir un vale de parking gratuito, correspondente a unha hora.

Lembra ademais que en Área Central temos tendas e servizos do máis variado e con todo o que precisas para o teu día a día: alimentación, roupa, calzado, complementos, agasallos, produtos de maquillaxe e para o coidado persoal, salóns de beleza e peiteado, tatuaxes, electrónica, fotografía, decoración, ensino, deporte, nutrición  e moito, moito máis! Todo nun mesmo lugar para que facer as túas compras sexa rápido e sinxelo e, por suposto, nun espazo amplo e con todas as medidas de prevención para que poidas mercar de xeito totalmente seguro.

Se queres saber máis sobre os nosos establecementos, consultar a súa información ou poñerte en contacto con eles, podes atopalos todos na nosa páxina web: www.areacentral.es/locais/.

Mercar no pequeno comercio nunca foi tan sinxelo. Esperámoste en Área Central!