FAI A TÚA RESERVA PARA COÑECER AOS REIS MAGOS NO NADAL, DOCE NADAL, DE ÁREA CENTRAL

FAI A TÚA RESERVA PARA COÑECER AOS REIS MAGOS NO NADAL, DOCE NADAL, DE ÁREA CENTRAL

En Área Central sabemos empezar ben o ano!  Como os Reis Magos non podían faltar na programación do noso Nadal máis doce, convidámolos a visitarnos os días 2, 3 e 4 de xaneiro de 2023 e queremos contar con vós!

 

Melchor, Gaspar e Baltasar non querían faltar á súa cita que cada ano se repite no noso espazo. Pois os tres Reis Magos están desexando coñecer a toda a cativada para que acheguen peticións e para que deixen as súas cartas neste Nadal, Doce Nadal de Área Central.

 

Esta actividade será totalmente gratuíta e recomendamos que reservedes a vosa praza. Podes facelo nesta ligazón ou escaneando o código QR que aparece nos carteis anunciadores. E se non consegues reservar a tempo, tamén haberá unha cola para quen non teña cita. Terán preferencia os que teñan reserva e os que non teñan cita irán pasando en función das ausencias das persoas que teñen cita.

 

As Súas Maxestados de Oriente estarán na esquina verde da planta primeira de Área Central en horario ininterrompido de 17:30 a 20:30 horas para atender ós pequenos da casa. Aproveita tamén para gozar do resto das nosas actividades propias destas datas, así coma do Mercado de Nadal do Concello de Santiago que se atopa na esquina vermella.

 

Non quedes sen coñecer aos Reis Magos, xa podes reservar!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies