Exhibición de Ximnasia Acrobática

Exhibición de Ximnasia Acrobática

Área Central acollerá este sábado á tarde unha exposición de ximnasia acrobática realizada por unha vintena de deportistas da sección de ximnasia aeróbica do Club Deportivo Gimnástica Rítmica Compostela.

Nesta exposición, a primeira que fará este club fóra das súas instalacións, participarán un total de 17 ximnastas de entre 8 e 21 anos.

O seu horario será de 19 a 20 horas.

O Club Deportivo Gimnástica Rítmica Compostela é o único club que ten a modalidade de ximnasia acrobática en toda a provincia da Coruña e dende hai cinco anos os seus deportistas compiten a diferentes niveis tanto a nivel galego como español.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies