DINÁMICA DA PROMOCIÓN “#EumercoenArea”

DINÁMICA DA PROMOCIÓN “#EumercoenArea”

A Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Area Central (en adiante, “Area Central”), con enderezo en Edificio Area Central, soto -1, L-A-4 15707 e con C.I.F. H-15431273 decide levar a cabo unha promoción, baixo o modelo “Rasca e gaña” dirixido ós seus clientes, os cales poden gañar varios agasallos.

¿COMO PODO PARTICIPAR?

Poderán participar os clientes que realicen un gasto igual ou superior a 5€ en calquera dos establecementos comerciais de Area Central adheridos a esta promoción (hipermercado Alcampo queda excluído), entre o mércores 1 e o sábado 4 de xullo de 2020.

Por cada compra superior a 5 euros, o cliente recibirá un Rasca e gaña. Esta promoción inclúe 5.000 Rasca e gaña.

¿QUE PODO GAÑAR?

Esta promoción contempla os seguintes agasallos:

  • 100 vales-desconto de 5€ a gastar nos establecementos comerciais de Area Central adheridos a esta promoción (Alcampo queda excluído). Estes vales teñen como data de caducidade o 12 de xullo de 2020. Os produtos adquiridos con este vale non admiten cambio nin devolución. Válidos a usar para compra igual ou superior a 5 €. Vales non acumulables. O propio Rasca e gaña premiado fai de vale-desconto; polo tanto, é o que hai que presentar nos establecementos comerciais para darlle uso.
  • 50 vales-desconto de 10€ a gastar nos establecementos comerciais de Area Central adheridos a esta promoción (Alcampo queda excluído). Estes vales teñen como data de caducidade o 12 de xullo de 2020. Os produtos adquiridos con este vale non admiten cambio nin devolución. Válidos a usar para compra igual ou superior a 10 €. Vales non acumulables. O propio Rasca e gaña premiado fai de vale-desconto; polo tanto, é o que hai que presentar nos establecementos comerciais para darlle uso.

En ningún caso, os gañadores poderán cambiar nin esixir cambiar ningunha das características do seu premio. De igual xeito, o premio non poderá ser canxeable polo seu valor en metálico nin por ningún equivalente en produtos e servizos.

MÁIS ASPECTOS A TER EN CONTA

O mero feito de participar nesta promoción implica a aceptación desta dinámica sen reserva de ningún tipo. Area Central resérvase o dereito de efectuar calquera cambio e de suspender ou ampliar esta promoción.

Exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que poda evitar que o gañador desfrute do premio unha vez sexa entregado o mesmo. Así mesmo, exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que se poida producir durante o desfrute do premio.

¿ONDE PODO COÑECER A DINÁMICA DESTA PROMOCIÓN?

Esta promoción comunicarase a través de insercións e mencións nos medios de comunicación nos que Area Central faga publicidade, a través das redes sociais de Area Central e a través de calquera outro medio divulgativo que Area Central considere de interese para a comunicación da promoción

A dinámica desta promoción estará a disposición de calquera persoa que desexe consultala no Facebook e na páxina web de Area Central

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies