Este venres celebramos o “Día do can adoptado” co Refuxio de Bando e a Asociación Abeiro e o sábado xornada de cultura urbana “Galo Factory”
Este venres en Área Central conmemoramos o “Día do can adoptado”, unha iniciativa que quere concienciar sobre a importancia de respectar ós animais e na que participará o Refuxio de Bando e a Asociación Abeiro. A partir das 18:00 horas, a Praza de Europa acollerá a charla “Un lugar de segundas oportunidades”, a cargo de responsables do Refuxio de Bando. Nela falarase sobre a problemática do abandono e de como loitar contra el, sobre a labor que se leva a cabo no Refuxio e da maneira de colaborar con eles. Ademais, proxectarase un vídeo sobre algúns dos animais que teñen nas súas dependencias e recadaranse fondos.
Pola súa parte, a Asociación Abeiro falará aos asistentes sobre como proceder en caso de encontrar un can abandonado ou perdido, informará sobre a súa labor e, a continuación, lerán o conto Os Bolechas: Sultán non ten microchip. Os nenos asistentes recibirán unha copia deste libro.
Cultura urbana e Ludoarte, este sábado en Área Central
E o sábado, Área Central acolle “Galo Factory”, unha xornada que reúne exhibicións de skate a cargo de Skate Escola, mostra de graffitis dos graffiteiros Jeks de Miño, Sedón e Joyma de Vigo; e a ronda clasificatoria de “Pre Freedom Fighters”, unha batalla de galos na que participarán uns trinta rapeiros do norte de España. A xornada arrancará ás 16.00 e concluirá ás 21.00 horas.
E xa por último, este sábado Área Central contará co seu servizo gratuíto de ludoteca “Ludoarte”. Os pais dos nenos maiores de tres años dispoñen así dunha hora para realizar as súas compras ou tomar algo nos establecementos de Área Central mentres os seus fillos desfrutan e aprenden. Os nenos de 0 a 3 anos tamén dispoñen do seu espazo acondicionado para eles, como xogos e contos para desfrutar cun adulto a cargo. “Ludoarte” celebrarase de 18.00 a 20.00 horas na esquina azul de Área Central.
Esta fin de semana ven recibir con nós o outono. Agardámoste!