Saltar ao contido

Área Central

Este sábado despide o 29 aniversario de Área Central con máis de 20 actividades

  • Eventos
Este sábado despide o 29 aniversario de Área Central con máis de 20 actividades

Que rápido pasou! O noso aniversario xa está a piques de chegar ao seu fin e, despois dun mes cheo de actividades, só podemos despedilo por todo o alto. Este sábado teremos a “Gran Festa!” para poñer o broche de ouro á celebración dos 29 anos de Área Central. Máis de 20 actividades estarán no noso espazo para seguir festexando!

En Área Central levamos dende o 1 de outubro organizando actividades moi variadas: actuacións musicais, inchables, contacontos, espectáculos de maxia,… E, nesta última semana de celebración tampouco poden faltar. Pois ben, dende o luns 17 de outubro e ata este venres, estará activa unha nova edición de OTCVM en Área Central con agasallo. E o día 21, “Móvete contra o cancro de mamá!” coa Escola Pasito de Baile e cunha masterclass de zumba, onde tamén haberá unha mesa para recadar fondos para a investigación contra o cancro de mama.

E o sábado 22, chega o colofón final á nosa programación.  Nesta xornada festiva, de 11:00h. a 14:00h. e de 16:00h. a 21:00h., os nosos corredores contarán con máis de vinte actividades gratuítas para o público familiar: obradoiros de cociña e ciencia divertida, inchables, minigolf, futbolín xigante, xogos de habilidade e precisión, etc. Estes son só algún dos xogos que formarán parte da oferta de diversión que atoparán as familias este sábado.

Esta fin de semana agardámoste en Área Central. Ven despedir con nós o noso 29º aniversario!

Este sábado despide o 29 aniversario de Área Central con máis de 20 actividades