Este Nadal, as túas compras no Outlet Área Central teñen premio. A través da nosa área de promocións, cobre o teu cartón dixital e gaña fantásticos agasallos. Sorteamos 2.500 euros en tarxetas agasallo para gastar nos nosos establecementos!🛍️
En Área Central, o teu outlet de Santiago de Compostela, tes todo o que necesitas para estas datas de Nadal. Unha gran variedade de opcións para acertar co agasallo, todos os produtos para as túas reunións familiares, a mellor moda para as túas saídas, etc.🎁
Agora, polas túas compras podes gañar regalos sorpresa e tarxetas agasallo do hipermercado Alcampo. Tamén podes participar nun sorteo dunha das 50 tarxetas regalo por valor de 50 euros para gastar nos comercios do Outlet Área Central. 💥
Regalos sorpresa e sorteo final
Para participar nesta dinámica, as compras deben realizarse entre o 15 de decembro ao 5 de xaneiro.
Unha vez que te rexistres na área de promocións, debes selar dixitalmente cada compra superior a 25 euros. Cando dispoñas de 20 selos, automaticamente entrarás no sorteo das 50 tarxetas por valor de 50 euros cada unha para gastar nos establecementos de Área Central. 🍀 As persoas gañadoras do sorteo comunicaranse o 7 de xaneiro. ✔️
Ademais deste sorteo final, os participantes poden conseguir outros premios. 😉 No transcurso do selado de tickets, poderán conseguir aleatoriamente obsequios de Nadal e tarxetas agasallo por valor de 10 euros para gastar no hipermercado Alcampo.
Estes premios sorpresa poderán canxearse e recollerse na cabina de información de Área Central os seguintes días: 18, 19, 20, 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro, de 17.30 a 20.30 horas.
Podes ler as bases da promoción AQUÍ.
Un Nadal pensado en ti
Vive o Nadal en Área Central en todo o seu esplendor e desfruta de cada plan e servizo que che ofrecemos. A visita de Papá Noel, a nosa campaña de descontos Súper weekend , o servizo de empaquetado de agasallos… E agora premios polas túas compras. Estes plans, servizos e premios completan a oferta de ocio e de compras que tes no Outlet Área Central. Calquera regalo que busques telo en Área Central.
Lembra que podes estar ao tanto de todas as actividades de Área Central na sección Eventos desta mesma web. E se non queres perderte nada de Área Central, síguenos en Instagram e Facebook.
