Estes tres primeiros venres de maio xogamos na casa! Coa colaboración do Multiusos do Sar – C.D. Santa Isabel, contaremos os días 6, 13 e 20 de maio con exhibicións deportivas dalgunhas das actividades das que poden desfrutar os seus abonados. Estas exhibicións estarán acompañadas por un espazo informativo onde poderás conseguir toda a información para facerte socio desas instalacións deportivas e comezar unha vida saudable. Queres que che contemos máis? Pois imos alá!
Zumba, crosscircuit, capoeira e deportes de contacto
Se precisas estar continuamente suando a camiseta, en Área Central poderás facelo os próximos venres coas clases que virán impartir tres profesores do Multiusos do Sar, acompañados polos seus alumnos. Araceli, Modelo e Juancho serán os encargados de poñer ritmo a estas catro clases cheas de deporte.
As exhibicións comezarán este venres 6 de maio en horario de 19:00- 20:00 horas e será Araceli quen poña a bailar aos seus alumnos e aos demais asistentes na súa clase de zumba.
O segundo día, venres 13 de maio, será Modelo quen coordine as actividades. Pois, tanto crosscircuit, de 18:00 a 19:00 horas, coma capoeira, de 20:00 a 21:00 horas, estarán ao seu cargo. Achégate a coñecer e probar estas dúas disciplinas!
E por último, na xornada do 20 de maio, será Juancho quen, de 17:30 a 18:30 horas, leve a cabo unha clase de deportes de contacto, unha serie de actividades de fortalecemento muscular perfectas para aprender a defenderse.
Lembra que ademais poderás informarte sobre o funcionamento, tarifas e demáis cousas no stand informativo do Multiusos do Sar – C.D. Santa Isabel que acompañará estas clases deportivas.
No noso espazo comercial non faltará a saúde, o bo ambiente… nin as compras. Sempre estamos buscando novas actividades para ofrecervos e facer que a vosa experiencia en Área Central sexa máis que facer uns recados. Agardámosvos con moito deporte!