Saltar ao contido

Área Central

Estamos de aniversario, 27 anos ao teu lado!

  • Eventos

O mes de outubro significa moito para Area Central. É o mes no que conmemoramos o noso aniversario. Este ano chegamos aos 27 anos ao teu lado. Queremos aproveitar a ocasión para agradecer a todas as persoas que formaron parte de Área Central durante todo este tempo. Grazas por confiar en nós para ser o teu Centro Comercial de confianza, grazas por elixir mercar produto de proximidade e confiar no comercio local, grazas por elixir emprender nas nosas instalacións, grazas por vir traballar cun sorriso e encher de alegría o noso centro, e sobre todo: grazas por ser xa parte da nosa familia!

As circunstancias tan excepcionais que estamos a vivir agora mesmo, fan que este ano sexa un pouco diferente ao resto. Os últimos cambios nas recomendacións sanitarias na capital obríganos a aprazar algunhas das actividades que tiñamos programadas. Non obstante, queremos premiar a vosa confianza con 2.000 euros en vales de desconto. A partir do sábado 24 e ata o sábado 31, queremos premiar a vosa fidelidade cuns “Rasca e gaña”. Por compras superiores a 5 euros nos establecementos adheridos á promoción (Alcampo e Urban Planet quedan excluídos), recibirás un rasca e gaña co que poderás conseguir vales de desconto. Repartiremos 2.000 euros en premios!

Existirán 2 tipos de vales diferentes:

200 vales-desconto de 5€ a gastar nos establecementos comerciais de Área Central adheridos a esta promoción (o hipermercado Alcampo e Urban Planet quedan excluídos). Estes vales teñen como data de caducidade o 8 de novembro de 2020. Non admiten cambio nin devolución. Vales non acumulables nunha mesma compra. Válidos a usar para compra igual ou superior a 5 €.

100 vales-desconto de 10€ a gastar nos establecementos comerciais de Área Central adheridos a esta promoción (o hipermercado Alcampo e Urban Planet quedan excluídos). Estes vales teñen como data de caducidade o 8 de novembro de 2020. Non admiten cambio nin devolución. Vales non acumulables nunha mesma compra. Válidos a usar para compra igual ou superior a 10 €.

Se es un dos afortunados en conseguir un dos vales, este mesmo vale é o que tes que presentar nos nosos establecementos para poder desfrutar do desconto. Se aínda tes algunha dúbida sobre o funcionamento da camapaña, cosulta as bases aquí.

Así que xa sabes, en Área Central a túa fidelidade ten premio.