¡En Área Central envolvemos os teus agasallos! A partir do 13 de decembro contaremos co noso servizo de empaquetado dos regalos de Nadal. Poñemoscho doado! Estamos seguros de que o noso persoal deixará fermosas as túas compras. E empregando este servizo, podes colaborar cun fin benéfico. A contribución é libre e destinarase íntegramente á ONG Tierra de hombres.
O noso servizo solidario de empaquetado de agasallos deixarávolos perfectos para sorprender a esa persoa tan especial. Ademais, podes facer unha aportación libre a favor de Tierra de hombres para que o teu agasallo sexa aínda máis significativo.
Horarios do servizo
O noso servizo de empaquetado funcionará nos seguintes días e horarios:
DECEMBRO
Días 13, 14 e 15: De 17:30 a 20:30 h.
Días 20, 21, 22 e 23: De 11:00 a 14:0 h. e de 17:30 a 20:30 h.
Día 24: De 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 19:00 h.
Días 26, 27, 28, 29 e 30: De 17:30 a 20:30 h.
XANEIRO
Días 2, 3, 4 e 5: De 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 20:30 h.
Vive o Nadal de Área Central en todo o seu esplendor e desfruta de cada plan e servizo que che ofrecemos. Que che parece a decoración de Nadal deste ano? Miles de bombillas brancas iluminan Área Central. Ademais, a visita de Papá Noel, a ludoteca todos os sábados e agora tamén o servizo de empaquetado de agasallos están pensados para ti. Pero como o Nadal é xenerosidade, animámosche a participar na recadación de fondos para axudar a ONG Tierra de hombres. Porque ser solidario non debería pasar de moda!
Estes plans e servizos veñen a completar a amplísima oferta de ocio e de compras que tes no Outlet Área Central. Calquera agasallo que busques telo en Área Central. Seguro!