Saltar ao contido

Área Central

ENTROIDO 2020

  • Eventos

O Centro Comercial Area Central celebra o Entroido e poderédelo desfrutar nas seguintes datas:

Venres 21 de febreiro – FESTA RECHAMANGUEIRA en colaboración co Centro Sociocultural de Fontiñas – Ás 19:00 hs

Actuación do Mago Charly Braun

Festa e baile Discomóbil

Chocolatada para os participantes ata esgotala!!

 

Sábado 22 de febreiro – CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES – Ás 18:30 hs

Haberá premios para os mellores traxes. Terá lugar no escenario principal do Centro Comercial Area Central

O concurso conta con tres categorías: individual, parella e grupo. Para inscribirse é necesario enviar un correo electrónico a marketing@areacentral.es ou ben inscribirse directamente o propio sábado de 17.00 a 18:15 h. Entre os premios para os mellores disfraces, haberá vales-desconto, entradas para Urban Planet e para a pista de xeo de Area Central.

Consulta aquí as bases de participación:

BASES PARA O CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES DO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL

1. O concurso terá lugar o sábado 22 de febreiro ás 18:30 horas no escenario principal do Centro Comercial Area Central.

2. Establécense tres categorías cos requisitos mínimos de participación que a continuación se indican:

INDIVIDUAL – Ata 16 anos

DE PARELLA – Ata 16 anos

DE GRUPO – Ata 16 anos

As categorías de parella e grupo estarán condicionadas á inscrición de, alomenos, tres conxuntos de participantes. No caso de non acadarse este mínimo, ditas categorías serán eliminadas do concurso.

3. Para participar no concurso é necesario inscribirse. Dita inscrición realizarase tendo como data límite o venres 21 de febreiro ás 19:00 horas a través do correo electrónico marketing@areacentral.es. No correo electrónico debe constar o nome do disfraz, categoría na que participa, nome e apelidos do participante e número de teléfono de contacto. Tamén se poderá formalizar a inscrición o mesmo día do concurso, na zona da súa celebración, de 17:00 a 18:15 horas. Todos os nenos participarán baixo a supervisión dun adulto.

4. O día do concurso, de 17.00 a 18.15 horas, os participantes deberán recoller no lugar de celebración do concurso o seu dorsal de participación, que deberá levar consigo no transcurso do concurso.

5. Os premios por categoría serán:

– Individual

   1º premio: 50 euros en vales-desconto (50% para o hipermercado Alcampo), dúas invitacións para a pista de xeo e dúas horas de salto en Urban Planet.

   2º premio: 40 euros en vales-desconto (50% para o hipermercado Alcampo), dúas invitacións para a pista de xeo e dúas horas de salto en Urban Planet.

   3º premio: 30 euros en vales-desconto (50% para o hipermercado Alcampo), dúas invitacións para a pista de xeo e dúas horas de salto en Urban Planet.

– De parella

     1º premio: 80 euros en vales-desconto (40 euros en vales-desconto para cada participante;50% para o hipermercado Alcampo), catro invitacións para a pista de xeo e catro horas de salto en Urban Planet.

     2º premio: 60 euros en vales-desconto (30 euros en vales-desconto para cada participante; 50% para o hipermercado Alcampo), catro invitacións para a pista de xeo e catro horas de salto en Urban Planet.

– De grupo

     1º premio: Unha merenda nun establecemento de Area Central (valor máximo 60 euros), unha invitación para a pista de xeo e unha hora de salto en Urban Planet para cada participante.

6. Para recoller os premios, os gañadores deberán estar representados por un adulto.

7. En ningún momento, os premios poderanse canxear por cartos en efectivo nin por outro premio.

8. O xurado comporase de membros pertencentes ou designados polo Centro Comercial Area Central. O fallo do xurado será inapelable.

9. O xurado resérvase o dereito a cambiar os agasallos como estimen oportuno.

10. Os datos persoais dos participantes proporcionados para a súa inscrición no concurso usaranse exclusivamente para o desenvolvemento do propio desfile.

11. Todas as fotos realizadas na celebración do concurso poderán ser empregadas por Area Central na súa web e nas súas redes sociais.

12. As bases do concurso están expostas na cabina de información do Centro Comercial e no Facebook de Area Central www.facebook.com/area.central.

13. A organización resérvase o dereito a solucionar calquera conflito que puidera derivar da súa interpretación.

14. A participación neste concurso supón a aceptación implícita destas bases.