Por quinto ano, Area Central únese á campaña promovida polo Concello de Santiago “En negro contra as violencias”, coa que se pretende concienciar á poboación sobre a violencia machista co gallo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Este ano a campaña xira baixo o título “Contra as violencias, educación”. Por iso, Area Central empregará o recinto que adoita usar para as súas actividades infantís e para o seu servizo de “Ludoarte” para convertilo nun espazo que recorde a unha aula. Deste xeito, farase fincapé no lema deste ano e na importancia da educación para erradicar os comportamentos machistas.
Ademais, os visitantes de Area Central poderán deixar escrito nunha pizarra ubicada nese espazo mensaxes de repulsa.
Este espazo, que estará colocado ata o martes 26, únese aos dous vinilos alusivos a esta campaña que durante todo o ano se poden ver nas rampas de baixada ao hipermercado e na porta principal.
Así mesmo, os establecementos comerciais de Area Central participarán un ano máis nesta campaña, coa colocación á vista dos diferentes elementos da campaña.