Saltar ao contido

Área Central

En Área Central novo curso, novos propósitos: clases extraescolares e actividades para a familia

  • Eventos

Volta ao cole e volta á rutina para toda a familia! Nos establecementos de Área Central contas coas mellores opcións para os pequenos da casa e tamén para os adultos. No noso espazo comercial hai unha gran variedade de oferta de actividades para poder desconectar ou reforzar coñecementos despois das aulas e do traballo. Andas na procura dalgunha? Pois ben, este post é para ti:

Se buscas movemento, escolle o teu deporte preferido

Setembro é momento de cambios, e por iso, é o mes perfecto para iniciarte en novas actividades. Se queres probar algo totalmente novo, en Nova Jump aprenderás a dar saltos coma un profesional do parkour. Que ben sona!

Se o teu é andar sobre rodas, podes formalizar a túa matrícula en Skate Escola. Serán os encargados de impartir clases de skate nunha ampla variedade de horarios.

Aínda que leva moi pouco tempo con nós, Área Marcial chegou para quedarse. E é que nesta academia imparten clases de artes marciais para o desenvolvemento persoal: confianza, disciplina, autoestima…

Para relaxar as costas despois de estar horas e horas sentado nas aulas e no traballo, tes que coñecer a oferta de Pilates Studio de Área Central. Encargaranse de mellorar a túa postura corporal!

Desenvolve con nós as túas destrezas e habilidades

Levas por dentro o baile? Para iso está Danza Alfaia, con clases de pre- ballet, ballet para nenxs, danza urbana, swing e todo o que te poidas imaxinar. Se levas o ritmo no corpo, esta actividade é a mellor opción para desconectar facendo o que che gusta!

Para os que teñen o don no arte, Ana Lombao no seu Taller de Artes Plásticas imparte clases para todas as idades e para que ninguén quede sen mellorar a súa destreza co pincel.

Gústache dar a nota? A Esther Sobral tamén e, por iso, a través da música consegue impartir unhas clases dinámicas de concentración e estimulación en Tratalenca para todas as idades: EstimulanDO, Búho…

O patchwork é perfecto para os que saben usar o fío, e para os que non, tranquilos, diso encárganse en Hilar fino os xoves. Consulta con eles os horarios e desenvolve esta habilidade.

E para seguir aprendendo, apúntate ás nosas academias

Se o teu son os idiomas, tanto Academia Erya (especializada no idioma e na cultura china) coma A Casa das Linguas, están preparando este curso para que aprender linguas con eles sexa doado. Tamén en Prisma Formación tamén atoparás clases de inglés para a rapazadas de último curso de infantil e toda primaria. Ademais, se queres preparar unhas probas de acceso ou precisas clases de apoio (primaria, ESO, bacharelato, FP…), anótate con eles e acadarás a túa meta.

Non te despistes porque os prazos de matrícula para este curso xa están abertos. Quen sabe se descubriredes a vosa paixón? Consulta os horarios e condicións en cada establecemento. Agardámoste en Área Central!