Saltar ao contido

Área Central

EN ÁREA CENTRAL NON PARAMOS: CONCURSO PARA GAÑAR UN BO XAMÓN E ZUMBA SOLIDARIA ESTE SÁBADO

  • Eventos

A Semana Santa aínda comeza o luns día 25 pero en Área Central non queremos deixar de dar sorpresas antes de que te vaias de vacacións. Segue lendo e decátate de todo o que che ofrecemos estes días.

ADIVIÑA O SEU PESO E GAÑA UN XAMÓN D.O. GUIJUELO

Se a ti te apaixonan os produtos gourmet tanto como a nós, aproveitando que hoxe se celebra o Día do Pai, acabamos de lanzar unha nova acción na que vós  poderedes ser os gañadores dun agasallo moi apetitoso.

Non te decataches? Nas nosas redes sociais acabamos de publicar as imaxes dun suculento xamón que está en xogo. Non todos os días podes gañarche un exquisito xamón de cebo de campo ibérico da Denominación de Orixe Protexida Guijuelo. Podes optar a gañar este produto gourmet adiviñando o seu peso exacto ou ser o que máis preto quede, sen pasarse.  Pénsao ben porque só se acepta unha oportunidade por usuario. O peso hai que dicilo en gramos e componse de catro números.

Bótalle unha ollada e proba sorte participando na nosa Área de Promocións. Consulta as bases da nosa promoción e xoga ata o 31 de marzo.

Xogo, adiviña o seu peso e lévacho a casa! Xa sabes, os mellores premios son os que se poden compartir e… saborear! 

POÑÉMONOS EN MOVEMENTO A FAVOR DE MICOS DO BARRIO

Doutra banda, este sábado, a partir das 17:30 horas, contaremos coa exhibición de danza do alumnado de Pasito de Baile. Será a antesala dunha divertida Master Class Benéfica de Zumba coas monitoras Ángela, Ainhoa, Eva e Belén. Divertirémonos mentres facemos exercicio e apoiamos unha acción solidaria.

Como sabedes, no noso centro comercial de Santiago gústanos movernos a favor das boas causas, e neste caso, a master class benéfica ten como fin axudar a Micos do Barrio. Este grupo veciñal de Fontiñas traballa para fomentar a sensibilización ambiental e o benestar animal; por iso, en Área Central recolleremos latiñas mousse gourmet e chuches sólidas e líquidas para as colonias felinas do barrio.

Xa sabes, en Área Central non queremos que te vaias de vacacións sen antes participar no noso dinámico xogo nin sen colaborar cos gatiños de Fontiñas. Ponte en movemento e despois goza do teu xamón na casa!