En Área Central estamos comprometidos coas boas causas e con difundir as situacións ás que se enfronta a nosa sociedade. Por iso, hoxe presentámosvos a nova exposición que se acaba de instalar no noso outlet de Santiago, Emerxencia Vivenda. Contámosche de que vai!
Emerxencia Vivenda chega a Santiago
A exposición fotográfica “Emerxencia Vivenda“ da EAPN Galicia, Rede Europea de Loita contra a Pobreza, estará no noso centro comercial outlet ata o luns 10 de xuño.
Esta mostra pretende visibilizar a gravidade da situación do acceso á vivenda e reclamar o aumento dos orzamentos destinados a iso.
Na exposición poderanse ver 13 paneis fotográficos que mostran situacións reais acerca da dificultade de ter unha vivenda digna, adecuada e accesible. Ademais, o día 28 de maio haberá un acto de presentación, con explicacións sobre a mostra e unha mesa de diálogo que abordará a problemática do acceso á vivenda en Santiago con especialistas e representantes das Administracións.
Se queres saber máis sobre esta exposición, non dubides en achegarte ao noso outlet en Santiago!