EDICIÓN ESPECIAL DE “OS TEUS CARTOS VALEN MÁIS EN ÁREA CENTRAL” PARA CELEBRAR  O NOSO 28 ANIVERSARIO!

EDICIÓN ESPECIAL DE “OS TEUS CARTOS VALEN MÁIS EN ÁREA CENTRAL” PARA CELEBRAR O NOSO 28 ANIVERSARIO!

Edición especial de “Os teus cartos valen máis en Área Central” para celebrar o noso 28 aniversario!

Como saberás este outubro estamos festexando o 28 aniversario de Área Central. Isto quere dicir que, durante este mes, no noso centro comercial haberá distintas actividades e promocións, e entre elas non podía faltar todo un clásico: unha nova edición de “Os teus cartos valen máis en Área Central”. Ademais, esta vez contaremos cunha pequena novidade, pois non hai que esquecerse que estamos de celebración.

Pero ben, aínda non sabes de que vai a nosa promoción? Pois non te perdas ningún detalle desta publicación porque cho contamos todo!

Descobre como funciona esta nova edición:

Para participar debes saber que, dende o luns 25 ata o venres 29 deste outonal mes de outubro, polas túas compras superiores a 20 euros no pequeno comercio, aboarémosche o 10% en forma de vales para volver a gastar de novo neste tipo de establecementos. É dicir, os establecementos situados na planta baixa e a primeira planta de Área Central (agás o hipermercado Alcampo).

Como dicíamos, a túa compra no pequeno comercio debe ser superior a 20 euros, ben sexa nun único local ou sumando o gasto que se faga en varias tendas. Se a compra está entre 20 e 150 euros estarás de sorte, xa que trocaremos o 10% dos teus tickets polos nosos vales desconto.

E con sorpresa polo noso aniversario!

Cumprimos 28 anos e por iso, non podíamos facer unha edición como ás que vos temos acostumados. Esta vez queremos agasallarvos doutro xeito aínda máis especial. Deste xeito, todas as persoas que se acheguen a trocar os seus tickets non só levaran os vales de desconto, senón que haberá premio extra  (ata fin de existencias): unha flor elaborada con gominolas. No noso aniversario os agasallos son para vós!

Pero como troco os meus vales?

Isto será moi simple, pois coma sempre, para facerte cos teus vales desconto, bastará con que te dirixas a nosa cabina de información, que estará funcionando entre a esquina azul e a amarela en horario de 11:00 a 14:00h e de 17:00 a 20:00h. Alí comprobarán que cumpres cas condicións da promoción e entregaranche os vales. Estes teñen un valor de 1€ a 10€ e ti mesmo decides como queres recollelos. Pero iso si, ten en conta que só poderás utilizar un vale desconto por cada compra realizada. Poderás gastar os teus vales nos establecementos participantes ata o vindeiro domingo 7 de novembro de 2021.

Non te esquezas de consultar nesta ligazón a dinámica completa da promoción. Lembra que a campaña só estará en funcionamento durante a semana do 25 ao 29 de outubro, así que ven a Área Central a desfrutar do noso 28 aniversario. Agardámoste!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies