Saltar ao contido

Área Central

Dreamfit abre o luns 23 de setembro en Área Central

  • Novas

Con moita ilusión xa podemos anuncialo: o ximnasio Dreamfit abre o luns 23 de setembro en Área Central. O ximnasio máIs grande de Santiago desembarca no Outlet Área Central para sorprender e facer sudar a todos os seus clientes.

A sala fitness máis grande de Santiago

Dreamfit Santiago dispón da sala fitness máis grande de Santiago e un espazo onde levar a cabo o adestramento con instalacións equipadas co último en innovación, maquinaria e tecnoloxía fitness.

Conta con estudios con máis de 600 actividades dirixidas ao mes (pilates, ioga, body pump, tonificación, baile, etc.) e burbullas de clases virtuais para adestrar cando se queira. Dreamfit Santiago ten zonas de adestramento funcional e cross, pesaxes gratuítos Inbody, zona de SPA e grandes vestiarios equipados con armarios individuais e secadores. Todo incluído e sen permanencia.

Ademais para facilitar máis as cousas, os clientes de Dreamfit contan con dúas horas de parking gratis.

O horario de apertura habitual do ximnasio Dreamfit Santiago é o seguinte:

  • Luns a venres: 6h a 23h
  • Sábados: 8h a 20h
  • Domingos e festivos: 8h a 15h

Xornada de portas abertas

Para que os clientes poidan ir coñecendo as instalacións, Dreamfit Santiago celebra unhas xornadas de portas abertas. Serán dende o venres 20 ao domingo 22 de setembro. O venres e sábado as visitas poden ser de 10:00 a 21:00 horas e o domingo de 10:00 a 15:00 horas.

Renovación da oferta de Área Central

A chegada de Dreamfit Santiago únese ás que se teñen sumado estes meses a Área Central. O outlet de Scalpers (o único do norte de España) ou o restaurante coreano Damta Numaru son algúns deles. E pronto haberá máis: o outlet da zapatería Krack e o local de restauración Lola&Lía Brunch&Lunch ultiman a súa chegada a Área Central.