DINÁMICA DA PROMOCIÓN “REPARTO DE PLANTAS EN FLOR” DA GRAN FESTA DA PRIMAVERA DE ÁREA CENTRAL

DINÁMICA DA PROMOCIÓN “REPARTO DE PLANTAS EN FLOR” DA GRAN FESTA DA PRIMAVERA DE ÁREA CENTRAL

Dinámica da promoción “Reparto de plantas en flor” da Gran Festa da Primavera de Área Central.

A Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Area Central (en adiante, “Area Central”), con enderezo en Edificio Area Central, soto -1, L-A-4 15707 e con C.I.F. H-15431273 decide levar a cabo unha actividade promocional dirixida aos seus clientes, aos que se lles regalará plantas en flor, algunas con premio sorpresa, por mercar no pequeño comercio de Área Central.

¿COMO PODO PARTICIPAR?

Poderán participar os clientes que realicen un gasto igual ou superior a 20€ en calquera dos establecementos comerciais de Area Central adheridos a esta promoción (excepto o hipermercado Alcampo), entre o xoves 3 e o sábado 5 de xuño de 2021 .Para iso, terán que achegarse ao posto de reparto de flores (ubicado na esquina azul de Área Central) e demostrar unha compra superior a 20 euros no pequeno comercio de Área Central, resultado dun único ticket ou de xuntar varios. O cliente recibirá unha planta en flor para celebrar a Gran Festa da Primavera (ata chegar ao fin de existencias: 100 plantas). O reparto de plantas realizarase entre as 17:00 e as 20:00 horas os tres días: o xoves 3 (30 prantas), o venres 4 (35 prantas) e o sábado 5 de xuño (35 prantas) de 2021.

¿QUE PODO GAÑAR?

Ademais de recibir unha planta, algunha delas teñen sorpresa: xunto a elas haberá un sobre que nalgúns casos contará no seu interior con vales agasallo por valor de 10 euros para volver a mercar no pequeno comercio de Área Central. Estes vales serán válidos para gastar ata o domingo 6 de xuño, nos comercios adheridos á promoción (o hipermercado Alcampo non está incluido). Estes vales poderán empregarse en compras iguais ou superiores a 10 euros e a compra realizada con este vale non admitirá devolución.

En ningún caso, os gañadores das plantas e polo tanto tampouco dos vales poderán ser traballadores dos establecementos do centro comercial. Non poderán cambiar nin esixir cambiar ningunha das características do seu premio. De igual xeito, o premio non poderá ser canxeable polo seu valor en metálico nin por ningún equivalente en produtos e servizos. 

MÁIS ASPECTOS A TER EN CONTA

O mero feito de participar nesta promoción implica a aceptación desta dinámica sen reserva de ningún tipo. Area Central resérvase o dereito de efectuar calquera cambio e de suspender ou ampliar esta promoción.

Exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que poda evitar que o gañador desfrute do premio unha vez sexa entregado o mesmo. Así mesmo, exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que se poida producir durante o desfrute do premio.

¿ONDE PODO COÑECER A DINÁMICA DESTA PROMOCIÓN?

Esta promoción comunicarase a través das redes sociais e da web de Area Central, e a través de calquera outro medio divulgativo que Area Central considere de interese para a comunicación da promoción.

A dinámica desta promoción estará a disposición de calquera persoa que desexe consultala na web de Area Central.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies