DINÁMICA DA PROMOCIÓN “RASCA E GAÑA DE NADAL”

DINÁMICA DA PROMOCIÓN “RASCA E GAÑA DE NADAL”

A Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Area Central (en adiante, “Area Central”), con enderezo en Edificio Area Central, soto -1, L-A-4 15707 e con C.I.F. H-15431273 decide levar a cabo unha actividade promocional, baixo o modelo “Rasca e gaña” dirixido ós seus clientes, os cales poden gañar varios agasallos.

¿COMO PODO PARTICIPAR?

Poderán participar os clientes que realicen un gasto igual ou superior a 5€ en calquera dos establecementos comerciais de Area Central adheridos a esta promoción (o hipermercado Alcampo non participa), entre o mércores 16 e o domingo 27 de decembro de 2020. Por cada compra superior a 5 euros, o cliente recibirá un Rasca e gaña. Esta promoción inclúe 20.000 Rasca e gaña.

¿QUE PODO GAÑAR?

Esta promoción contempla como agasallos vales de descontos, agasallos directos e vales de compra, xentileza da maioría dos establecementos comerciais de Área Central. As condicións de uso e data de caducidade están indicadas en cada vale premiado. Ademais, tamén se regala unha viaxe a Madeira, coa colaboración de Yutravel. A viaxe é para realizar do 1 de xullo ao 15 de setembro de 2021 con Yutravel (5 noites de aloxamento en réxime AD para 2 persoas con avión e traslados incluídos, saída desde Santiago ou Oporto). No caso de non poder realizarse a viaxe por restricións de mobilidade causadas polo COVID-19, Yutravel e a persoa premiada acordarán unha data para poder gozar do premio, segundo dispoñibilidade e restriccións.

En ningún caso os gañadores poderán ser traballadores dos establecementos do centro comercial. Non poderán cambiar nin esixir cambiar ningunha das características do seu premio. De igual xeito, o premio non poderá ser canxeable polo seu valor en metálico nin por ningún equivalente en produtos e servizos.

MÁIS ASPECTOS A TER EN CONTA

O mero feito de participar nesta promoción implica a aceptación desta dinámica sen reserva de ningún tipo. Area Central resérvase o dereito de efectuar calquera cambio e de suspender ou ampliar esta promoción. Exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que poda evitar que o gañador desfrute do premio unha vez sexa entregado o mesmo. Así mesmo, exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que se poida producir durante o desfrute do premio.

¿ONDE PODO COÑECER A DINÁMICA DESTA PROMOCIÓN?

Esta promoción comunicarase a través de insercións e mencións nos medios de comunicación nos que Area Central faga publicidade, a través das redes sociais e da web de Area Central e a través de calquera outro medio divulgativo que Area Central considere de interese para a comunicación da promoción.

A dinámica desta promoción estará a disposición de calquera persoa que desexe consultala na web de Area Central.