Saltar ao contido

Área Central

DINÁMICA DA PROMOCIÓN “RASCA E GAÑA DE NADAL”

  • Eventos
Rasca e gaña

A Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Area Central (en adiante, “Area Central”), con enderezo en Edificio Area Central, soto -1, L-A-4 15707 e con C.I.F. H-15431273 decide levar a cabo unha promoción, baixo o modelo “Rasca e gaña” dirixido aos seus clientes, os cales poden gañar varios agasallos.

COMO PODO PARTICIPAR?

Poderán participar os clientes que realicen un gasto igual ou superior a 5€ en calquera dos establecementos comerciais de Area Central adheridos a esta promoción (o hipermercado Alcampo non participa), entre o xoves 1 e o sábado 24 de decembro de 2022.

Por cada compra superior a 5 euros, o cliente recibirá un Rasca e gaña. Esta promoción inclúe 40.000 Rasca e gaña.

QUE PODO GAÑAR?

Esta promoción contempla como agasallos vales de descontos, agasallos directos e vales de compra, xentileza dos establecementos comerciais de Área Central. As condicións de uso e data de caducidade están indicadas en cada vale premiado.

En ningún caso os gañadores poderán ser traballadores dos establecementos do centro comercial. Non poderán cambiar nin esixir cambiar ningunha das características do seu premio. De igual xeito, o premio non se poderá trocar polo seu valor en metálico nin por ningún equivalente en produtos e servizos.

MÁIS ASPECTOS A TER EN CONTA

O mero feito de participar nesta promoción implica a aceptación desta dinámica sen reserva de ningún tipo. Area Central resérvase o dereito de efectuar calquera cambio e de suspender ou ampliar esta promoción.

Exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que poda evitar que o gañador desfrute do premio unha vez sexa entregado o mesmo. Así mesmo, exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que se poida producir durante o desfrute do premio.

ONDE PODO COÑECER A DINÁMICA DESTA PROMOCIÓN?

Esta promoción comunicarase a través de insercións e mencións nos medios de comunicación nos que Area Central faga publicidade, a través das redes sociais e da web de Area Central e a través de calquera outro medio divulgativo que Area Central considere de interese para a comunicación da promoción

A dinámica desta promoción estará a disposición de calquera persoa que desexe consultala na web de Area Central.