Saltar ao contido

Área Central

DINÁMICA DA PROMOCIÓN “PHOTOCALL DE OUTONO” DO 28º ANIVERSARIO DE ÁREA CENTRAL

  • Novas
Promoción photocall de outono de Área Central

Dinámica da promoción “Photocall de outono” do 28º aniversario de Área Central.

A Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Area Central (en adiante, “Area Central”), con enderezo en Edificio Area Central, soto -1, L-A-4 15707 e con C.I.F. H-15431273 decide levar a cabo unha actividade promocional dirixida aos seus clientes, aos que se lles regalará un paquete de castañas por mercar no pequeno comercio de Área Central.

¿COMO PODO PARTICIPAR?

Poderán participar os clientes que realicen un gasto igual ou superior a 20€ en calquera dos establecementos comerciais de Area Central adheridos a esta promoción (agás o hipermercado Alcampo), entre o xoves 14 e o sábado 16 de outubro de 2021. Para iso, terán que achegarse ao posto de reparto de premios (ubicado na esquina vermella de Área Central) e demostrar unha compra superior a 20 euros no pequeno comercio de Área Central, resultado dun único ticket ou de xuntar varios equivalente a unha ou varias compras realizadas ese mesmo día. O cliente recibirá un paquetiño de castañas (ata chegar ao fin de existencias: 100 agasallos por día). O reparto de premios realizarase entre as 17:00 e as 20:00 horas os tres días.

¿QUE PODO GAÑAR?

Ademais de recibir o paquete de castañas, algún destes premios teñen sorpresa: haberá un sobre que nalgúns casos contará no seu interior con tarxetas agasallo por valor de 10 euros para mercar no hipermercado Alcampo. Estas tarxetas agasallo terán como data de caducidade o 31 de outubro de 2022.

En ningún caso, os gañadores do paquete de castañas e polo tanto tampouco dos vales, poderán ser traballadores dos establecementos do centro comercial. Non poderán cambiar nin esixir cambiar ningunha das características do seu premio. De igual xeito, o premio non poderá ser canxeable polo seu valor en metálico nin por ningún equivalente en produtos e servizos. 

 

MÁIS ASPECTOS A TER EN CONTA

O mero feito de participar nesta promoción implica a aceptación desta dinámica sen reserva de ningún tipo. Area Central resérvase o dereito de efectuar calquera cambio e de suspender ou ampliar esta promoción.

Exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que poda evitar que o gañador desfrute do premio unha vez sexa entregado o mesmo. Así mesmo, exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que se poida producir durante o desfrute do premio.

 

¿ONDE PODO COÑECER A DINÁMICA DESTA PROMOCIÓN?

Esta promoción comunicarase a través das redes sociais e da web de Area Central, e a través de calquera outro medio divulgativo que Area Central considere de interese para a comunicación da promoción.

A dinámica desta promoción estará a disposición de calquera persoa que desexe consultala na web de Area Central.

1 pensamento sobre “DINÁMICA DA PROMOCIÓN “PHOTOCALL DE OUTONO” DO 28º ANIVERSARIO DE ÁREA CENTRAL”

  1. Pingback: CONVIDÁMOSTE A DESFRUTAR DO 28 ANIVERSARIO DE ÁREA CENTRAL - Área Central

Os comentarios están pechados.