Saltar ao contido

Área Central

DINÁMICA DA PROMOCIÓN “MACETA CON SEMENTES POLO DÍA DO PAI” EN ÁREA CENTRAL

  • Novas

Dinámica da promoción “Maceta con sementes polo Día do Pai” en Área Central.

A Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Área Central (en adiante, “Área Central”), con enderezo en Edificio Area Central, soto -1, L-A-4 15707 e con C.I.F. H-15431273 decide levar a cabo unha actividade de promoción dirixida aos seus clientes, aos que se lles regalará unha maceta con sementes por mercar en Área Central para festexar o Día do Pai.

¿COMO PODO PARTICIPAR?

Poderán participar os clientes que realicen un gasto igual ou superior a 20€ en calquera dos establecementos comerciais de área Central adheridos a esta promoción os días xoves 17, venres 18 e sábado 19 de marzo de 2022. Para iso, terán que achegarse á cabina de información de Área Central (situada entre a zona azul e a amarela) e demostrar unha compra superior a 20 euros nos establecementos comerciais de Área Central, resultado dun único ticket ou de xuntar varios equivalentes a unha ou varias compras realizadas eses mesmos días. Un ticket superior a 20 euros equivale a un unha maceta con sementes. O cliente recibirá unha maceta con sementes (ata chegar a fin de existencias: 100 agasallos por día). O reparto de premios realizarase entre as 17:00 e as 20:00 horas os tres días.

¿QUE PODO GAÑAR?

As persoas que participen na promoción recibirán unha maceta con sementes para festexar o Día do Pai, cortesía de Área Central. En ningún caso, os gañadores poderán ser traballadores dos establecementos do centro comercial. Non poderán cambiar nin esixir cambiar ningunha das características do seu premio. De igual xeito, o premio non poderá ser trocado polo seu valor en metálico nin por ningún equivalente en produtos e servizos. 

MÁIS ASPECTOS A TER EN CONTA

O mero feito de participar nesta promoción implica a aceptación desta dinámica sen reserva de ningún tipo. Área Central resérvase o dereito de efectuar calquera cambio e de suspender ou ampliar esta promoción.

Exímese a Área Central de calquera responsabilidade ou incidencia que poda evitar que o gañador desfrute do premio unha vez sexa entregado o mesmo. Así mesmo, exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que se poida producir durante o desfrute do premio.

¿ONDE PODO COÑECER A DINÁMICA DESTA PROMOCIÓN?

Esta promoción comunicarase a través das redes sociais e da web de Área Central, e a través de calquera outro medio divulgativo que Área Central considere de interese para a comunicación da promoción.

A dinámica desta promoción estará a disposición de calquera persoa que desexe consultala na web de Área Central.

 

1 pensamento sobre “DINÁMICA DA PROMOCIÓN “MACETA CON SEMENTES POLO DÍA DO PAI” EN ÁREA CENTRAL”

  1. Pingback: Celebra o Día do Pai coas actividades especiais que temos preparadas en Área Central - Área Central

Os comentarios están pechados.