Saltar ao contido

Área Central

DINÁMICA DA PROMOCIÓN “27º aniversario”

  • Eventos

A Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Area Central (en adiante, “Area Central”), con enderezo en Edificio Area Central, soto -1, L-A-4 15707 e con C.I.F. H-15431273 decide levar a cabo unha actividade promocional, baixo o modelo “Rasca e gaña” dirixido ós seus clientes, os cales poden gañar varios agasallos.

¿COMO PODO PARTICIPAR?

Poderán participar os clientes que realicen un gasto igual ou superior a 5€ en calquera dos establecementos comerciais de Area Central adheridos a esta promoción (hipermercado Alcampo queda excluído), entre o sábado 24 e o sábado 31 de outubro de 2020.

Por cada compra superior a 5 euros, o cliente recibirá un Rasca e gaña. Esta promoción inclúe 10.000 Rasca e gaña.

¿QUE PODO GAÑAR?

Esta promoción contempla os seguintes agasallos:

200 vales-desconto de 5€ a gastar nos establecementos comerciais de Area Central adheridos a esta promoción (Alcampo e Urban Planet quedan excluídos). Estes vales teñen como data de caducidade o 8 de novembro de 2020. Os produtos adquiridos con este vale non admiten cambio nin devolución. Válidos a usar para compra igual ou superior a 5 €. Vales non acumulables. O propio Rasca e gaña premiado fai de vale-desconto; polo tanto, é o que hai que presentar nos establecementos comerciais para darlle uso.

 

100 vales-desconto de 10€ a gastar nos establecementos comerciais de Area Central adheridos a esta promoción (Alcampo e Urban Planet quedan excluídos). Estes vales teñen como data de caducidade o 8 de novembro de 2020. Os produtos adquiridos con este vale non admiten cambio nin devolución. Válidos a usar para compra igual ou superior a 10 €. Vales non acumulables. O propio Rasca e gaña premiado fai de vale-desconto; polo tanto, é o que hai que presentar nos establecementos comerciais para darlle uso.

En ningún caso, os gañadores poderán cambiar nin esixir cambiar ningunha das características do seu premio. De igual xeito, o premio non poderá ser canxeable polo seu valor en metálico nin por ningún equivalente en produtos e servizos.

MÁIS ASPECTOS A TER EN CONTA

O mero feito de participar nesta promoción implica a aceptación desta dinámica sen reserva de ningún tipo. Area Central resérvase o dereito de efectuar calquera cambio e de suspender ou ampliar esta promoción.

Exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que poda evitar que o gañador desfrute do premio unha vez sexa entregado o mesmo. Así mesmo, exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que se poida producir durante o desfrute do premio.

¿ONDE PODO COÑECER A DINÁMICA DESTA PROMOCIÓN?

Esta promoción comunicarase a través de insercións e mencións nos medios de comunicación nos que Area Central faga publicidade, a través das redes sociais e da web de Area Central e a través de calquera outro medio divulgativo que Area Central considere de interese para a comunicación da promoción

A dinámica desta promoción estará a disposición de calquera persoa que desexe consultala na web de Area Central.

Os comentarios están pechados.