Saltar ao contido

Área Central

DINÁMICA DA EDICIÓN ESPECIAL DA PROMOCIÓN “OS TEUS CARTOS VALEN MÁIS EN ÁREA CENTRAL” CON MOTIVO DO NOSO 29 ANIVERSARIO

  • Eventos

A Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Area Central (en adiante, “Area Central”), con enderezo en Edificio Área Central, soto -1, L-A-4 15707 e con C.I.F. H-15431273 decide levar a cabo unha actividade promocional dirixida aos seus clientes, os cales poden gañar vales desconto polas súas compras.

¿COMO PARTICIPO?

Poderán participar os clientes que realicen un gasto igual ou superior a 20€ en calquera dos establecementos comerciais de Area Central adheridos a esta promoción (excepto o hipermercado Alcampo), entre o luns 17 de outubro e o venres 21 de outubro de 2022.

Por cada compra superior a 20 euros no pequeno comercio de Área Central, o cliente terá dereito a recibir o 10% do seu gasto en vales-agasallo para gastar novamente no pequeno comercio de Área Central adherido a esta promoción (hipermercado Alcampo e Purificación García non entran na promoción). Poderá alcanzar mínimo os 20 euros cun ou varios tickets de compra do período promocional. E o gasto máximo a demostrar será de 150 euros.

O cliente deberá recoller o vale que lle corresponda na cabina de información de Área Central no seguinte horario: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. A organización cotexará o ticket ou tickets e comprobará o día da compra. En caso de cumprir todas as condicións, o cliente recibirá o 10% do gasto realizado en vales de desconto. Os vales a recoller terán como valor de 1 a 10 euros.

¿QUE PODO GAÑAR?

Esta promoción contempla como agasallos vales de desconto a empregar no pequeno comercio de Área Central, por valor de 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10 euros. O cliente decidirá como quererá recibilos (por exemplo: un vale de 5 euros ou 3 vales de 1 euro e un de 2 euros). Os vales terán como data de uso ata o domingo 30 de outubro de 2022. Non serán acumulables, é dicir, nunha compra so se pode empregar un vale, e a compra realizada con eles non admitirá devolución. No caso de xuntar ticket ou tickets cun número en decimal, a cantidade a dar por parte da organización será a máis próxima (ex: cun gasto de 43,18 euros, o 10% son 4,32 e o cliente recibirá 4 euros; cun gasto de 46,97 euros, o 10% son 4,70 o cliente recibirá 5 euros).

A organización establece un tope máximo do valor a entregar cada día de 1.000 euros. Polo tanto, Área Central pon á disposición dos seus clientes acadar no transcurso da promoción 5.000 euros en vales-desconto.

Ademais, como motivo do 29 aniversario de Área Central, entregaremos un vale equivalente a un café, que poderán tomar nas nosas cafeterías as persoas que vaian trocar os seus tickets por vales de compra. O vale polo café equivale a un café pequeno e se poderá empregar como data límite o 30 de outubro de 2022.

En ningún caso, os gañadores poderán ser traballadores dos establecementos do centro comercial. Non poderán cambiar nin esixir cambiar ningunha das características do seu premio. De igual xeito, o premio non poderá ser canxeable polo seu valor en metálico nin por ningún equivalente en produtos e servizos. 

MÁIS ASPECTOS A TER EN CONTA

O mero feito de participar nesta promoción implica a aceptación desta dinámica sen reserva de ningún tipo. Area Central resérvase o dereito de efectuar calquera cambio e de suspender ou ampliar esta promoción.

Exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que poda evitar que o gañador desfrute do premio unha vez sexa entregado o mesmo. Así mesmo, exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que se poida producir durante o desfrute do premio.

¿ONDE PODO COÑECER A DINÁMICA DESTA PROMOCIÓN?

Esta promoción comunicarase a través de insercións e mencións nos medios de comunicación nos que Area Central faga publicidade, a través das redes sociais e da web de Area Central e a través de calquera outro medio divulgativo que Area Central considere de interese para a comunicación da promoción.

A dinámica desta promoción estará a disposición de calquera persoa que desexe consultala na web de Area Central.

1 pensamento sobre “DINÁMICA DA EDICIÓN ESPECIAL DA PROMOCIÓN “OS TEUS CARTOS VALEN MÁIS EN ÁREA CENTRAL” CON MOTIVO DO NOSO 29 ANIVERSARIO”

  1. Pingback: Este sábado despide o 29 aniversario de Área Central con máis de 20 actividades - Área Central

Os comentarios están pechados.