A Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Area Central (en adiante, “Area Central”), con enderezo en Edificio Area Central, soto -1, L-A-4 15707 e con C.I.F. H-15431273 decide levar a cabo unha actividade promocional dirixida aos seus clientes, os cales poden gañar vales desconto polas súas compras.
COMO PODO PARTICIPAR?
Poderán participar os clientes que realicen un gasto igual ou superior a 20€ en calquera dos establecementos comerciais de Area Central adheridos a esta promoción (excepto o hipermercado Alcampo e Purificación García Outlet), entre o luns 2 e o xoves 5 de xaneiro de 2023.
Por cada compra superior a 20 euros no pequeno comercio de Área Central, o cliente terá dereito a recibir o 10% do seu gasto en vales-agasallo para gastar novamente no pequeno comercio de Área Central (excluídos o hipermercado Alcampo e Purificación García Outlet). Poderá alcanzar mínimo os 20 euros cun ou varios tickets de compra do período promocional. O gasto máximo a demostrar será de 150 euros.
O cliente deberá recoller o vale que lle corresponda na cabina de información de Área Central do luns 2 ao xoves 5 de xaneiro de 2023 no seguinte horario: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. A organización cotexará o ticket ou tickets e comprobará o día da compra. En caso de cumprir todas as condicións, o cliente recibirá o 10% do gasto realizado en vales de desconto. Os vales a recoller terán como valor de 1 a 10 euros.
QUE PODO GAÑAR?
Esta promoción contempla como agasallos vales de descontos a empregar no pequeno comercio de Área Central, por valor de 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10 euros. O cliente decidirá como quererá recibilos (por exemplo: un vale de 5 euros ou 3 vales de 1 euro e un de 2 euros). Os vales terán como data de uso ata o domingo 15 de xaneiro de 2023. Non serán acumulables, é dicir, nunha compra só se pode empregar un vale, e a compra realizada con eles non admitirá devolución. No caso de xuntar ticket ou tickets cun número en decimal, a cantidade a dar por parte da organización será a máis próxima (ex: cun gasto de 43,18 euros, o 10% son 4,32 e o cliente recibirá 4 euros; cun gasto de 46,97 euros, o 10% son 4,70 o cliente recibirá 5 euros).
A organización establece un tope máximo do valor a entregar cada día de 1.000 euros. Polo tanto, Área Central pon a disposición dos seus clientes acadar no transcurso da promoción 5.000 euros en vales-desconto.
En ningún caso, os gañadores poderán ser traballadores dos establecementos do centro comercial. Non poderán cambiar nin esixir cambiar ningunha das características do seu premio. De igual xeito, o premio non poderá ser canxeable polo seu valor en metálico nin por ningún equivalente en produtos e servizos.
MÁIS ASPECTOS A TER EN CONTA
O mero feito de participar nesta promoción implica a aceptación desta dinámica sen reserva de ningún tipo. Area Central resérvase o dereito de efectuar calquera cambio e de suspender ou ampliar esta promoción.
Exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que poda evitar que o gañador desfrute do premio unha vez sexa entregado o mesmo. Así mesmo, exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que se poida producir durante o desfrute do premio.
ONDE PODO COÑECER A DINÁMICA DESTA PROMOCIÓN?
Esta promoción comunicarase a través de insercións e mencións nos medios de comunicación nos que Area Central faga publicidade, a través das redes sociais e da web de Area Central e a través de calquera outro medio divulgativo que Area Central considere de interese para a comunicación da promoción.
A dinámica desta promoción estará a disposición de calquera persoa que desexe consultala na web de Area Central.