Hoxe, 19 de outubro, é o Día Mundial contra o cancro de mama e desde Área Central queremos mostrar todo o noso apoio á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e a labor que realiza.
Hai un ano, por estas mesmas datas, realizamos nas nosas instalacións un evento que mesturaba o carácter lúdico coa solidariedade xa que durante toda a tarde a AECC dispoñía dun espazo informativo e de venda dos seus produtos mentres que se realizaron diferentes actividades de baile e un posto onde pintar as unhas de cor rosa, gracias á colaboración dos establecementos de estética de Area Central. Todos os fondos recadados foron doados integramente á Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
Este ano é moi diferente polas circunstancias que estamos a vivir, as limitacións de aforo e as medidas de seguridade que hai actualmente. Por todas estas razóns, non podemos facer nada semellante ao evento do ano pasado, pero estes días nos nosos establecementos e nos pasillos de Area Central tes varias alusións a este día para lembrar que podedes colaborar con esta causa que afecta a tantas persoas na actualidade. #sacapecho por elas comprando os produtos solidarios que atoparedes na tenda de AECC: pulseiras, panos, cadernos, camisetas, portamascarillas, vasos e botellas take away, carteiras, cuncas, calcetíns ou bolsas de tea, produtos que ademais de bonitos, axudan a salvar vidas a diario.
Así que lembra: agora máis que nunca, coa situación sanitaria tan dura que estamos vivindo, AECC precisa da túa axuda. Marca a diferenza e salva vidas realizando unha doazón ou comprando algún dos produtos da súa páxina web https://tienda. aecc.es . Xa sexa hoxe ou calquera día do ano, sempre é bo momento para colaborar.