Saltar ao contido

Área Central

DESPOIS DAS VACACIÓNS… VOLVE LUDOARTE A ÁREA CENTRAL!

  • Eventos

A ludoteca de Área Central xa está de volta! Despois das vacacións de verán, Ludoarte dará comezo á nova tempada coa mesma ilusión de sempre por atender aos teus peques.

Novo curso, novos obradoiros, novas receitas, novos xogos, novos libros… A ludoteca de Área Central, con Rula e Ruliño ao fronte, volven á carga a partir do vindeiro sábado 9 de setembro.

A partir desa data, o noso monitorado agárdanvos no voso centro comercial de Santiago todos os sábados de setembro en catro sesións. Cal prefires: Cociña ou Creativos?

No noso servizo de ludoteca, os peques pásano xenial, aprenden, descubren, socializan… E ti gozas con tranquilidade da oferta comercial e de ocio de restauración que che ofrecemos en Área Central. Dispós dunha hora, tempo que dura cada sesión de Ludoarte, para facer os teus recados, tomar un refresco, mercar roupa, etc.

PARA OS PEQUENOS COCIÑEIROS

A ludoteca de Área Central comeza este sábado 9 de setembro coa temática de Ludoarte Cociña. Nela, os peques de a partir de 4 anos (sen acompañamento de adulto) aprenden a elaborar divertidas receitas saudables con ingredientes moi sinxelos. Así inauguramos a tempada da ludoteca de Área Central.

Lembra que esta actividade celébrase na cociña que temos instalada na esquina vermella. A segunda sesión de Cociña de setembro terá lugar o sábado 23 de setembro.

PARA OS MÁIS CREATIVOS

Obradoiros, xogos de mesa, manualidades e moito máis é o que poderás atopar nas dúas sesións de Creativos para cativos de a partir de 4 anos (sen acompañamento de adulto). E, para os máis pequenos, de 0 a 3 anos, temos unha estupenda zona de descanso e xogo en familia. Estas dúas sesións serán os sábados 16 e 30 de setembro. Achégate ao noso espazo pechado da esquina azul.

Todas as sesións da ludoteca de Área Central son dunha hora en horario de 18:00 a 19:00h. e de 19:00 a 20:00h. É recomendable facer a reserva da praza para asegurar o sitio, polo que nesta tempada tamén poderedes seguir reservando nesta ligazón. Apunta: as prazas de Ludoarte de cada mes saen á disposición de reserva o luns anterior á primeira sesión do mes. Ademais, sempre hai algunha praza extra para os máis despistados que cheguen no momento de iniciar a actividade pero son moi limitadas e recomendamos vir con antelación para asegurarse o sitio.

Que máis podes pedir? Aproveita para traer ao teu cativo a divertirse á ludoteca de Área Central, en Santiago, e ti aproveitas e realizas as túas compras nos nosos comercios. Agardámoste!

 

Ludoarte setembro